Xoves, 2 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar O fiscal Carlos Varela adianta en Gondomar, aspectos do proxecto co que intenta combater a “corrupción sistémica”.

O fiscal Carlos Varela adianta en Gondomar, aspectos do proxecto co que intenta combater a “corrupción sistémica”.

Correo-e Imprimir PDF
Carlos-Varela-Carlos-Meixom
Aula-de-Cultura-Ponte-de-Ro
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte

Sen caer na creación de novas estruturas burocráticas, pero coa propia administración de xustiza como alicerce, nomeadamente o Consello de Contas, o fiscal Carlos Varela propón a creación dun proxecto para combater a "corrupción sistémica" a través de planes de prevención nas administracións públicas, a revisión dos instrumentos xudiciais que enlentecen os procesos e a formación cidadá. Esta última, como peza clave para desterrar estas prácticas na vida social.

A corrupción, un delito cuxas vítimas "non ten rostro"

O fiscal superior de Galicia, Carlos Varela, comezou a súa exposición na Aula de Cultura Ponte de Rosas, citando o informe da enquisa do Centro de Estudios Sociolóxicos (CIS) que sitúa a corrupción como uns dos temas máis preocupantes para a cidadanía, o segundo despois do paro. Engadiu que no ámbito internacional a percepción social da que no Estado español existe unha "corrupción sistémica preocupa", pois está acreditada pola organización Transparencia Internacional que coloca a España no lugar Nº 30, cando hai cinco anos atrás ocupaba o 24, coa percepción, segundo o fiscal Carlos Varela, que na próxima publicación se afastará aínda máis deste posto.

A corrupción parroquial

Informou que desde hai tres anos a Fiscalía que dirixe fai fincapé sobre a necesidade de buscar mecanismos de control e intervención efectivos no fenómeno da corrupción. Se ben o organismo presentou iniciativas no 2011 e 2012 ante o Parlamento Galego, as mesmas non tiveron a recepción debida, matizou. Nembargante, sinalou que a" treboada" de casos de corrupción dos últimos tempos fixeron que neste ano 2013 o Parlamento de Galicia creara unha comisión de estudo sobre o tema que está a traballar nun proxecto.
A proposta que desexa impulsar o fiscal, está baseada na experiencia internacional de grupos de referencia que integran o Consello Europeo, como o GAFI (Grupo de Acción Financeiira Internacional), o GRECO (Grupo de Estados Contra a Corrupción) que ten estudado e imprementados elementos e mecanismos concretos de actuación. Salientou o caso próximo de Portugal co Consello de Prevención da Corrupción contra os casos recorrentes de delitos nesta materia.


O proxecto para combater a corrupción proposto polo Fiscal Carlos Varela

Na súa exposición, Varela advertiu na necesidade de traballar en varios niveis para atacar o problema: Planes de prevención contra delitos de corrupción a nivel das administracións públicas; reformulación dos procesos xudiciais para axilizar a xustiza neste eido; e a formación cidadá cara a desterrar condutas permisivas no social que habilitan prácticas corruptas por parte de operadores públicos e privados.
A presentación do coloquio estivo a cargo do director do IEM, Carlos Méixome, quen salientou que dende os seus comezos, o fiscal Carlos Varela puxo o foco da fiscalía nos dereitos do cidadán. Nese senso, lembrou a labor de Varela na persecución dos delitos contra o patrimonio histórico, así como a participación clave do fiscal na mellora da protección de menores no Instituto de Discapacitados, o instituto da Mediación Familiar, a coordinación do estudo sobre os casos de incendios forestais , a posta en marcha dunha demanda colectiva pola restitución dos aforros dos estafados polas caixas galegas; así como o feito de ser un destacado impulsor da nosa lingua "nun ámbito escasamente receptivo á mesma como é o xudicial".

"Carlos Varela converteu a Fiscalía Superior de Galicia nunha peza fundamental do funcionamento institucional desta a nosa nación", sinalou Méixome. Engadiu que a pesar de ser formalmente unha simple delegación da Fiscalía Xeral do Estado, isto demostra "que hai unha marxe de eficacia nas institucións cando fronte delas están persoas que coñecen ben o seu país, que saben comunicar as súas iniciativas e teñen intelixencia derivada do seu profundo amor a súa terra, a seu tempo e a súa xente", sintetizou .
O acto tivo lugar na Aula de Cultura Ponte de Rosas, sede do Instituto de Estudos Miñoranos, coa participación de máis dun centenar de persoas que seguiron a conferencia e posteriormente participaron dun coloquio con preguntas e reflexións dirixidas ao fiscal.

Audios