Xoves, 2 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Derrube parcial do teito do Auditorio Lois Tobío de Gondomar por mor das choivas e o vandalismo.

Derrube parcial do teito do Auditorio Lois Tobío de Gondomar por mor das choivas e o vandalismo.

Correo-e Imprimir PDF
teito-conservatorio-gondoma

 

O concelleiro de Vías e Obras de Gondomar, Jesús Salgueiro, denuncia que a construción estaba deteriorada por actos vandálicos acontecidos días atrás, o que sumado as fortes choivas provocaron que unha parte do teito se derrubase causando danos e inundacións no interior da aula do Conservatorio.

Dende o Concello de Gondomar sinalan que xa deron parte á compañía de seguros para o posterior arranxo da devandita aula. Ao mesmo tempo, sinalan que a reparación do estado da cuberta xa levouse a cabo co fin de que os nenos puidesen retomar as súas clases canto antes.

Jesús Salgueiro declarou que o incidente se produciu debido ao deteriorado estado do teito da construción que, días atrás, fora obxecto de diversos actos vandálicos. En concreto, denuncia que “rompéronse 50 tellas” o que "deteriorou o estado da cuberta e contribuíu a que non soportase as fortes chuvias", explicou.