Xoves, 2 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Un ano de cárcere para os tres mozos que roubaron dous micros e unha plastificadora nun colexio de Gondomar.

Un ano de cárcere para os tres mozos que roubaron dous micros e unha plastificadora nun colexio de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
Colexio Chano Piñeiro de Gondomar - CC BY

Os tres mozos que admitiron o roubo de diversos obxectos do colexio Chano Piñeiro acpetaron a  condea de un ano de cárcere imposta polo titular do Xulgado Penal Nº 1 de Vigo.

Os mesmos autores admitiron que forzaron a entrada do centro de ensino o pasado 17 de agosto de 2011, e posteriormente roubaron dous micrófonos e unha plastificadora da aula de audiovisual, polos que acadaron na venda de segunda man, 16 e 24 euros respectivamente.

O fiscal pide a mesma pena para outros dous amigos, que prestaron o seu DNI para vender os obxectos roubados aos que acusa de encubrimento, aínda que ambos aseguraron que descoñecían que se tratase de mercancía roubada.