Xoves, 2 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Esquerda Unida esixe a retirada de pintadas da Falange que se amosan en varios edificios de Gondomar.

Esquerda Unida esixe a retirada de pintadas da Falange que se amosan en varios edificios de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
pintada-falange-1
pintada-falange-2
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte

Esquerda Unida de Gondomar presentará unha nota ante o Concello solicitando a limpeza das fachadas de edificios céntricos con pintadas da Falange. A agrupación entende que as mesmas "danan a sensibilidade de moitos dos cidadáns que ata o de agora gardamos silencio ante os feitos acontecidos".

 

O seu portavoz, Josué Villar , acusa ao goberno bipartito (PP-CDL) pola pasividade ante estes feitos que dende un tempo atrás están a acontecer en varios edificios céntricos de Gondomar. "As pintadas fan referencia á organización fascista de Falange", aclara o escrito que entregará no Concello. Agrega que pese a que Falange é "unha organización política legalizada, a súa historia deixa claro os obxectivos de carácter fascistas que persegue esta agrupación. Para nós, as pintadas constitúen ademais unha provocación moral a toda a cidadanía".

Falange, que presentou unha lista de candidatos nas municipais de Gondomar, en 2011, non ten actividade pública coñecida na actualidade no municipio. Nembargante, nos últimos tempos están a aparecer pintadas asinadas pola mesma, contrarias á descentralización do goberno de España en autonomías, así como esixindo máis educación física para combater a droga.

No escrito que presentará EU ao Concello de Gondomar chama a "non repetir erros do pasado" e "afastar ós partidarios do fascismo da nosa realidade. En España, a diferenza de Alemaña, país no cal lévase dende a caída do nazismo traballando para acabar co xerme do fascismo, aínda nos queda moito por facer."