Xoves, 2 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar FE Jons desmárcase das pintadas denunciadas por EU en Gondomar.

FE Jons desmárcase das pintadas denunciadas por EU en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
pintada-falange-2

A Delegación Provincial de Pontevedra da Falange Española de las Jons nega calquera tipo de responsabilidade nas pintadas feitas en Gondomar coa firma "La Falange". Opina que as "pintadas" son unha forma "rudimentaria" de facer política, e que por riba "degrada el paisaje urbano". A organización achegou a través do seu portavoz Carlos Seijo unha nota a Valminor.info en resposta a un artigo publicado o pasado xoves no que se daba conta dunha denuncia feita por Esquerda Unida sobre diversos grafitis en muros e fachadas da vila de Gondomar.

No escrito, a Delegación Provincial de Falange atribúe as devanditas prácticas a "organizaciones marginales" e lembra que existe outra organización que emprega as siglas "La Falange" como tal, "que no tiene absolutamente nada que ver con Falange Española de las Jons, y para información hay que decir que han sido denunciados en reiteradas ocasiones por llevar siglas que no les corresponden", agrega.

A organización afirma que actúa en política desde outubro de 1976 "con total normalidad democrática y con total sentido de la responsabilidad".