Xoves, 2 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Gondomar adhírese ao servizo de recollida de animais domésticos da Deputación de Pontevedra

Gondomar adhírese ao servizo de recollida de animais domésticos da Deputación de Pontevedra

Correo-e Imprimir PDF
Refuxio de Armenteira - Imaxe Diputación Pontevedra

O servizo será ofrecido pola empresa pública Tragsa

As solicitudes deberán remitirse á Concellaría de Medio, ou no seu defecto á Policía Local

O Concello de Gondomar, do mesmo modo, que Nigrán e Baiona, e 48 concellos da procincia, adheríronse ao servizo de lazaría e recollida de cans abandonados que ofrece a Deputación de Pontevedra.

Deste xeito, Gondomar dispoñerá dun servizo de recollida as 24 horas do día, os 365 días do ano, que será ofrecido pola empresa pública Tragsa.

Todas as solicitudes de recollidas deberán ser notificadas á Concellaría de Medio Amiente ou no seu defecto, deberán remitirse á Policía Local.

Coa adhesión do Concello a este servizo, ofrecido pola Deputación Provincial, preténdese mellorar este á vez que se reduce o gasto que se destinaba para este fin.

O centro de acollida CAAN en Armenteira

O presidente da deputación  explicou durante a inauguración que o centro conta con capacidade para 500 animais e "conta cun grande equipamento técnico e de persoal; promoverá iniciativas para a redución de abandonos, levará cabo actividades didácticas en centros escolares, e ten posibilidades de ampliación non futuro para dar cabida a máis animais" e negou que se fosen a sacrificar aos animais abandoados.