Xoves, 2 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Ferido por disparo un mozo en Gondomar.

Ferido por disparo un mozo en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
Os feitos ocorreron nun portal da rúa Emigrante. Foto - Gondomar.tv
A Garda Civil mantén cercado o lugar dos feitos - Foto Gondomar.TV
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte


Un mozo foi ferido ao redor das oito desta tarde en Gondomar. O autor do disparo deuse á fuga nun coche mentres Garda Civil e Policía manteñen o cerco.

.

Os feitos ocorreron hoxe sobre as oito da tarde no número 12 da rúa Emigrante. O mozo resultou ferido por unha bala de pequeno calibre, presumiblemente unha carabina.

Segundo fontes no lugar, o asaltante agardaba no portal ao mozo ferido que recibiu un disparo dun arma de pequeno calibre directamente na cara. Con orificio de entrada á altura da boca.

O autor do disparo deuse á fuga nun vehículo situado nas proximidades da rúa das Ánimas, e os corpos de seguridade seguen agora o seu rastro.

O ferido, E. F. C. de 33 anos, foi trasladado ao hospital, sen que trascenda máis información sobre o seu estado,  pero pese a á gravidade das feridas, non se teme pola súa vida.