Xoves, 2 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Eladio Costas (PP): A maioría dos concelleiros de goberno de Gondomar son “sumisos asalariados”.

Eladio Costas (PP): A maioría dos concelleiros de goberno de Gondomar son “sumisos asalariados”.

Correo-e Imprimir PDF
manuel-copena-eladio-costas

Eladio Costas (PP) accedeu a unha entrevista con Gondomar.tv na que criticou duramente ao alcalde Fernando Guitián (PP) e mais o seu equipo de goberno aos que cualificou de “sumisos asalariados”. O ex tenente de alcalde admitiu que no 2012 Gondomar perdeu case 2 millóns de euros en subvencións por fallas na xestión do bipartito (PP-CDL) e recoñeceu que renunciou porque ao equipo de Guitián lle faltan “trabajo, ilusión y ganas”.

Nunha entrevista de case media hora ante as cámaras de Gondomar.tv, Eladio Costas, concelleiro polo PP de Gondomar e ex tenente de alcalde fixo un repaso dos seus dous anos no goberno bipartito (PP-CDL). Asegurou que aceptou participar na lista que gañou as eleccións municipais de 2011, porque viu un Partido Popular “roto por todos lados”. Agrega que foi convidado a participar dun proxecto “muy bonito”, que asegura, agora se “destrabajó” e converteuse no “gobierno más caro de la historia de la democracia” en Gondomar.

O ex membro do goberno foi concelleiro de Servizos de Xardíns e Parques, Seguridade Cidadán e Tenente de Alcalde. Dimitiu dos cargos o pasado 30 de marzo. Durante o faladoiro con Manuel Copena (Gondomar. tv), Eladio Costas foi enumerando as razoes polas que decidiu afastarse do equipo do alcalde popular Fernando Gutián.

O PXOM despois de 2 anos se presenta “inviable economicamente”.

Despois de 2 anos de traballo no Plan Xeral de Ordenación Municipal, Eladio Costas asdegurou que o mesmo se presenta “inviable economicamente”.Agrega que non contempla a circunvalación en el Plan MOVE, incumpre a lei de vivendas de 2012, non prevé un crecemento real, as áreas de reparto son deficitarias e por riba máis dun 50% das fincas urbanas do PXOM de 1997 pasarán a ser rústicas.

Denuncia que a actual redacción deixa fóra da ordenación á única vivenda rehabilitada na rúa Eduardo Iglesias , a antiga farmacia de Modesta Costas

A Pasaxe, o “motor económico de Gondomar”, ten o seu plan de ordenación totalmente parado.

O Polígono de A Pasaxe, o “motor económico de Gondomar”, segundo Costas ten o seu plan de ordenación totalmente parado. O proxecto, aprobado pola xunta o 5 de maio de 2011 cun plan sectorial por un valor de 31 millóns de euros non foi aínda executado. Acusa ao alcalde e ao concelleiro de urbanismo de non ser capaces ata de agora de investir nin un só euro do proxecto. ”En campaña electoral se anunció como un logro del PP”, sinala.  Mais agora, lamenta,  as empresas non poden pedir unha licenza de obra, nun complexo do que dependen as fontes laborais de 2000 persoas.  O plan está totalmente parado, afirma e non coincide co estipulado no PXOM.

"Veo que no se lucha
por Gondomar...
Falta trabajo,
ilusión, ganas.”

Por que decidiu abandoar o goberno? - "Veo que no se lucha por Gondomar… falta trabajo, ilusión, ganas”.

Eladio Costas asegura que durante a campaña, Guitián díxolle que ían traballar “como una empresa, pero la verdad que (o Concello) funciona de cualquier forma pero menos como una empresa… así de claro”.

Deficiencia nas xestións

-Centro de saúde: “parece que agora é máis pequeno do que temos”. Cun 40% menos de investimento.

-O lixo: O tema do lixo terá un custe de 375 mil euros ao ano, asegurou, “y no se analiza si está bien… para mí es muy caro”. Un servizo que ten prorrogado un contrato ata o 2014. Asegura que o servizo é un 40% máis caro que en Vigo.

-A taxa da auga. O ex Tenente de Alcalde tamén cuestionou que agora se queira subir a taxa da auga. Afirmou que a suba responde a unha mala xestión dos orzamentos municipais que “no se cumplen”. Nese senso afirmou que o contrato coa empresa Espina & Delfín debería formalizarse cada 31 de decembro e non nestas datas.

-Relación coa Entidade Local Menor de Morgadáns. Eladio Costas sinalou a falla absoluta de diálogo co presidente da Entidade Local Menor de Morgadáns (Urbano Domínguez, PP), “ a pesar que fue elegido democráticamente y tiene la misma legitimidad en el cargo que el señor Guitián”. Ante a pregunta do por que desa falta de comunicación, Costas especulou que tal vez porque “uno es ingeniero y el otro vive en la montaña”.

- Transporte público: Tamén neste eido, Eladio Costas afirmou que “no se hace nada”. Agrega que só se fan denuncias que non aportan solucións reais ao problema. Cuestionan que non se dialogara coas empresas involucradas no servizo.

Yo voté muchas cosas en las que no estaba de acuerdo.

O concelleiro admitiu que nestes dous anos no goberno municipal “voté muchas cosas en las que no estaba de acuerdo por disciplina de partido, pero hasta ahí he llegado”. Mais asegura que tiveron lugar feitos que non estaba disposto a avaliar como a rebaixa dos soldos dos gobernantes durante dous mes (7%) e que logo os volveran a subir na mesma cantidade “tal como está cayendo”.  O actual goberno de Gondomar “le cuesta  a los ciudadanos 200 mil euros al año”.  “Es el más caro de la historia de la democracia”, asegurou.

No estaré subordinado a nadie.

Consultado sobre o futuro da súa actuación política, Eladio Costas contestou de xeito rotundo: “No estaré subordinado a nadie”. O edil popular díscolo afirmou que fará o que entenda mellor para todos os veciños de Gondomar “hayan votado a quien hayan votado, a todos”.

Dos concelleiros de goberno: “La mayoría son sumisos asalariados”.

Costas dixo de seus ex compañeiros de goberno que “la mayoría son sumisos asalariados, es decir les quitas el salario y no van a trabajar”. E para deixar máis claro o seu parecer sobre o equipo de goberno afirmou que “yo creo que el pueblo les importa muy poco. Es triste decirlo, pero es así”. Puxo como exemplo que por non aprobar os orzamentos de 2012 en tempo e forma, Gondomar perdeu case 2 millóns de euros en subvencións en investimentos “subvencionados al  cien por cien”. Agregou que este ano vaise polo mesmo camiño porque xa en abril, aínda non están aprobados os orzamentos do 2013.

No hay cercanía al ciudadano de parte del señor alcalde.

O alcalde “no baja al ruedo”, opinou Costas. Afirmou que na interna do goberno “las palabras se las lleva el viento”, e cando Fernando Guitián dicía “si” en realidade era “no”. Acusoullo de afastarse da realidade “No hay cercanía al ciudadano de parte del señor alcalde”.

Tendría que haber dimitido antes.

Ante unha reiterada consulta por parte de Manuel Copena sobre por que deixaba o goberno e a posibilidade de cambiar as cousas dende dentro, Eladio Costas respondeulle “Ya tendría que haber dimitido antes”. “Pero cuando no se puede más no se pude más”, sinalou. Nese senso informou que conseguir unha cita co alcalde, sendo el o segundo de goberno, leváballe entre 15 e 20 días. Adiantou que o seu futuro político só ten por horizonte rematar este período de goberno, e retornar a súa actividade empresarial. “Los ciudadanos de Gondomar me tienen aquí para lo que haga falta”, rematou.

Os colegas de Gondomar.tv afirman que convidaron ao alcalde Fernando Gutián “para solicitar su opinión al respecto de este tema y nos ha hecho ver que no son los medios de comunicación dónde se deben discutir estos temas y que Gondomar necesita dedicación y que no debe desviar su atención con temas que no aportan valor a Gondomar”.

 

Dim lights Embed Embed this video on your site