Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar

Gondomar - Noticias de Gondomar e Val Miñor

Un investimento de un millón de euros recibirá o campo de fútbol da parroquia de Chaín, Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

casadaculturaA Deputación de Pontevedra firmou un convenio co Concello de Gondomar para a equipación e colocación dun piso sintético no campo de fútbol da Parroquia de Chaín, Gondomar. A inversión por 1 millón de euros podería ademais, incluir a mellora do camiño que comunica o devandito centro deportivo coa estrada Vincios - Couso, para permitir o ingreso dos autobuses e unha circulación máis fluída que a que permite o actual vial.

Latente a renuncia masiva de concelleiros de goberno e cisma electoral no PP de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
O PP Gondomar ao borde dun cisma de confirmarse a eliminación dos actuais concelleiros de goberno na listas as municipais 2011.

A posibilidade dunha renuncia masiva dos cargos de goberno e a formación dunha lista independente está latente nesta fin de semana no Partido Popular de Gondomar. A nova de que os principais edís con cargos de goberno quedarían fóra da lista ás municipais de maio, foi interpretada como unha "puñalada a traizón" por os que "por disciplina partidaria levaron adiante a moción de censura en 2009" e agora ven como un novo grupo"que nunca estiveron nin se lles viu nestes catro anos", se "arrima" e promoven esa decisión no candidato a alcalde Fernando Guitián, afirmaron fontes da xestora local do PP Gondomar a Valminor.info.

MOCIÓN=CORRUPCIÓN celebra a penúltima "cacerolada de indignación" ás 20h en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

mocioncorrupcion5feb2011Hoxe ás 8 da tarde, celebrarase a penúltima "cacerolada de indignación" coa que a Plataforma Veciñal MOCIÓN=CORRUPCIÓN se manifesta cada sábado primeiro de mes diante do Concello de Gondomar. A protesta "veciñal democrática contra a corrupción, a traición aos cidadáns, e as politicas que avergoñan a un pobo coa perversión que supón o transfuguismo" vai chegando ao seu fin, asegura a plataforma. Os convocantes informan que darán por cumprida a súa "actitude democrática e de loita a prol da hixiene e a rexeneración política".

A lista de altas e baixas do padrón de Gondomar foi entregado en tempo e forma no INE.

Correo-e Imprimir PDF

concello_gondomarOs máis de catrocentos expedientes con solicitudes de altas e baixas de empadroamento que estaban pendentes no Concello de Gondomar dende xuño de 2010, xa foron rexistradas e entregadas ao Instituto Nacional de Estadística (INE), informou a concelleira de Persoal de Gondomar, Natalia Salgueiro. O retraso foi denunciado na primeira quincena de xaneiro polo candidato a alcalde do PSOE - Gondomar, Francisco Ferreira. De feito cando o 31 de xaneiro pechaba o prazo para empadroarse nos concellos de cara ás eleccións de maio, Gondomar mantiña un importante atraso na actualización do seu padrón. Segundo a concelleira Salguerio, o devandito atraso foi subsanado e a lista completa do padrón municipal está nas oficinas do INE.

Gondomar: un Concello Express.

Correo-e Imprimir PDF
O Auditorio Lois Tobío foi escenario da obra máis breve da súa historia: un pleno de 12 minutos.

Doce minutos e dez segundos dedicaron os dezasete concelleiros de Gondomar en resolver un pleno ordinario que se realizaba: dúas semanas despois da grave denuncia de uso de información urbanística reservada, da posible irregularidade urbanística do candidato Fernando Guitián, na parroquia de Peitieiros, e da posible inhabilitación de centos de cidadáns para votar polo atraso da súa inscrición no rexistro de empadroamento. De feito, ningún destes temas que acapararon a axenda política destes primeiros meses do 2011 foron mencionados no transcurso da sesión. O tema ao que máis tempo lle dedicaron os edís foi á desafectación de material informático inútil (3 minutos con 3 segundos) e porque o BNG preguntou pola situación da empresa encargada de facer o inventario. O único acordo que deixou para os veciños de Gondomar este pleno foi a constitución da mesa local de comercio, obrigada pola nova lei que regula o sector.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL