Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar

Gondomar - Noticias de Gondomar e Val Miñor

O Partido Popular de Gondomar presenta a súa lista de cara ás eleccións municipais de maio.

Correo-e Imprimir PDF
Lista do PP Gondomar ás eleccións municipais 2011

Fernando Guitián siéntese satisfeito e ten a certeza que conseguiu formar “o mellor equipo” de cara ás eleccións. Unha lista de 25 candidatos aos que definiu como unha “mestura perfecta entre xuventude e experiencia”, un conxunto de “grandes profesionais” que darán o mellor de “si para asegurar unha gran xestión do Concello”. Con respecto a súa candidatura como alcalde, Guitián manifestou que séntese arroupado non so por este equipo, se non tamén por unha gran cantidade de persoas que forman o PP e que estarán traballando por tódalas parroquias, “transmitindo a ilusión e a confianza” para que a xente decida o seu voto polo Partido Popular.

O Bingo de Gondomar celebrarase normalmente pero non poderá entregar os premios “Bolas de Ouro”

Correo-e Imprimir PDF

bingo1A Coordinadora de Festas “Agora Ondeimos” non poderá entregar os premios “Bolas de Ouro” cos que pensaba distinguir ás autoridades da Xunta de Galicia, a Deputación de Pontevedra e o Concello de Gondomar, polo seu apoio á causa dos chamados “bingos sociales”. A Xunta Electoral Local, a denuncia de parte do BNG, entendeu que tratábase dun acto violatorio da actual normativa electoral, pois os únicos homenaxeados eran membros do Partido Popular. Sen embargo, a autoridade electoral non ordenará suspender a denominada “fiesta de Bingos Sociales” que estaba prevista para mañá domingo ás 17 horas na Alameda de San Bieto en Gondomar, por tratarse dunha actividade privada.

Gondomarízate: Presentación da candidatura de Francisco "Paco" Ferreira polo PSOE Gondomar

Correo-e Imprimir PDF
Gondomarízate!! Hai que darlle unha volta. É o lema dos socialistas de Gondomar.Baixo o lema Gondomarízate, o PSOE Gondomar presentará a lista coa candidatura de Francisco "Paco" Ferreira á alcaldía de Gondomar de cara ás eleccións de maio de 2011. O acto aberto celebrarase no Auditorio Lois Tobío ás 20 horas. Farán uso da palabra Marina Vidal, secretaria de organización - Gondomar; o candidato a Entidade Menor Local de Morgadáns, Jesús Cabreira; o Senador e secretario de organización do PSOE-PSG, Pablo García; o Deputado socialista do parlamento de España Antonio Henando Vera e o discurso final estará a cargo do candidato a alcalde de Gondomar Francisco Ferreira.

Nace o CDL - Gondomar con 22 membros da xestora local e máis a maioría do grupo municipal do PP.

Correo-e Imprimir PDF
CDL Gondomar, Natalia Salgueiro, Mercedes González, Eladio Bargiela, Orencio Rodríguez, José Ignacio Troncoso e José

Mirar a fotografía que acompaña este artigo pode chamar a confusión. A presenza de recoñecidos militantes e concelleiros populares pode inducir a pensar que trátase dunha nova do partido que lideran Alberto Núñez Feijoo e Rafael Louzán. Non é así. Trátase da confirmación dun feito que levaba meses sendo un secreto a voces: hai un cisma no Partido Popular de Gondomar. Hoxe pola mañá 22 membros da xestora local dos populares de Gondomar presentaron a súa renuncia indeclinable ao PP en Pontevedra. Unhas horas despois anunciaban no Centro Neural o nacemento oficial do partido Centro Democrático Liberal de Gondomar. Nunha carreira contra reloxo a nova agrupación nomeará unha xunta xestora para despois dar oficialmente a lista de candidatos a concelleiros a que ten como única postulante a alcaldesa á portavoz do PP Natalia Salgueiro.

Os socialistas das Rías Baixas xuntáronse en Gondomar para traballar a prol da defensa da Serra do Galiñeiro.

Correo-e Imprimir PDF
Os socialistas das Rías Baixas na reunión de traballo celebrada en Gondomar xunto con representantes da C.M. de Vincios.

A portavoz de Medio Rural do Grupo Parlamentario Socialista, Sonia Verdes, mantivo hoxe un encontro de traballo cos candidatos socialistas de Gondomar, Juan Francisco Ferreira e de Porriño, Ivan Vaqueiro, e tamén cos candidatos das Entidades Locais Menores de Chenlo, Morgadans, Bembibre e Tui para analizar a concesión da instalación dun parque eólico na Serra do Galiñeiro. Nesa xuntanza os socialistas acusaron ao goberno de Feijoo de permitir instalar unha empresa éolica no monte veciñal sen escoitar os intereses dos veciños de Gondomar, Vigo e Porriño. A portavoz de Medio Rural do Grupo Parlamentario Socialista Sonia Verdes afirmou que "o Goberno de Feijoo demostra que antepón unha vez mais un modelo puramente económicista que defende o PP, por enriba do interese social e cultural do monte neste caso o monte veciñal de Vincios". Pola súa banda o candidato anfitrión Francisco Ferreira acusou ao goberno tripartito de Gondomar de non enviar na actual redacción do PXOM que ten a estudo a Xunta de Galicia, as figuras de protección ao monte anunciadas no pleno monográfico de xaneiro. Ferreira desafiou "ao goberno abstracto de Gondomar, que non se sabe a que partido responde agora", a que de unha posición clara e firma sobre si está a prol ou en contra do reclamo dos veciños de Vincios.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL