Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar

Gondomar - Noticias de Gondomar e Val Miñor

Esquerda Unida de Gondomar presenta programa e lista este sábado na Casa da Cultura.

Correo-e Imprimir PDF

esquerda-unida-gondomarO vindeiro sábado 7 de maio ás 20:30 horas Esquerda Unida de Gondomar presentará a súa candidatura ás eleccións municipais do 22 de maio na Casa da Cultura.No acto darase a coñecer publicamente a lista e o programa político da candidatura que encabeza Josué Villar Ballesteros. A agrupación de esquerdas manifestou que "Gondomar precisa dunha rexeneración total da clase política, renovando as caras e as familias no poder, e presentando un proxecto político innovador e alternativo, no que destaca a redución dos salarios da clase política en Gondomar,e a rexeneración de postos de traballo apostando polo desenrolo local, entre outras medidas que xa tiñan que estar implantadas dende fai tempo". "O transporte, priorizar en un desenrolo ecolóxico e sostible, e dar voz a unha xuventude sen futuro son as prioridades" sinalaron. Acompañan ao alcaldable Josué Villar, Nuria Andión integrante do colectivo violeta e Jorge Carneiro dirixente sindical de CC.OO.

Núñez Feijoo e Rafael Louzán chegan a Gondomar para arroupar a candidatura de Fernando Guitián.

Correo-e Imprimir PDF

fernado-gutian-sentadoO candidato popular Fernando Guitán recibe o máximo apoio dende Santiago e Pontevedra para a presentación da súa candidatura á alcaldía de Gondomar. Alberto Núñez Feijoo, presidente da Xunta de Galicia e Rafael Louzán, presidente da Deputación Provincial de Pontevedra acompañarán ao candidato durante a comida – mitin na que os populares presentarán oficialmente a súa candidatura o próximo sábado 7 de maio ás 14 horas no Pavillón Municipal gondomareño. Ao longo desta semana 1200 invitacións estanse a repartir polas dez parroquias do concello para que militantes e simpatizantes do PP poidan participar deste primeiro acto oficial de campaña de Fernando Guitián. Para o candidato, esta é a mellor maneira de comezar a campaña electoral porque “fomentará en un tiempo de ocio el encuentro entre los vecinos y los miembros de su candidatura”.

Adxudicadas as obras para o arranxo do tellado do CEIP Chano Piñeiro de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

Os nenos do Chano Piñeiro terán habilitados os baños do primeiro andar da escola aínda cando chova a partir do próximo curso 2011-2012. Así o comunicaron ao centro de ensino dende a Xefatura Territorial de Educación de Pontevedra, confirmando que as obras de arranxo do tellado avariado están adxudicadas e que comezarán unha vez rematen as clases. A comunicación recibiuse o pasado mércores 4 de maio, dous días despois de que as nais e pais da ANPA Pousa de Fontán, remitiran un escrito esixindo unha solución ao problema.

A tan só 12 anos da súa construción o CEIP Chano Piñeiro debe pechar os baños cando chove.

Correo-e Imprimir PDF

chanoA pesar de ter tan só 12 anos de construído o edificio do CEIP Chano Piñeiro en Gondomar ten o tellado estropeado. Segundo o informado pola ANPA Pousa de Fontán, dende o curso pasado, cando chove se producen goteiras "o que obriga a dirección do centro a pechar os baños, polo risco que supón para os alumnos", de feito, os pais aseguran que debido as devanditas goteiras chegan "a caer as planchas do falso teito". Hai un mes unha técnica da Xefatura Territorial que visitou o edificio, ditaminou a necesidade de cambiar o tellado debido a seu estado. Ante a falla de comunicación por parte da administración da resolución tomada a ANPA presentou este 2 de maio un escrito ao Xefe Territorial de Educación de Pontevedra esixindo unha solución rápida do problema. A asociación de pais ameaza con tomar medidas de forza en caso de non obter unha resposta satisfactoria das autoridades competentes.

Fernando Guitián e mais o conselleiro Agustín Hernández percorrerán a vila de Gondomar

Correo-e Imprimir PDF
Fernando Guitián candidato do PP ao Concello de Gondomar.

O candidato popular Fernando Guitián e mais o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia, Agustín Hernández percorrerán parte do núcleo urbano de Gondomar este martes. O concelleiro chegará a vila sobre as 19 horas. Segundo indicou o secretario de prensa Fernando Oriol, o motivo da visita será manter unha reunión interna de traballo na sede do Partido Popular de Gondomar, na que o candidato Fernando Guitián e o seu equipo lle transmitirán "de primeira man" a Hernández,  "as súas prioridades para o Concello, con especial incidencia no Plan Xeral e no polígono da Pasaxe como dinamizadores de emprego, ademais de saneamento, estradas, rúas e beirarrúas, entre outras".

 

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL