Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar

Gondomar - Noticias de Gondomar e Val Miñor

Hoxe ás 22h debate entre os candidatos á alcalía de Gondomar no plató de Vía Televisión.

Correo-e Imprimir PDF

concello_gondomarHoxe ás 22:00 horas, Via Televisión de Vigo emitirá un debate entre os candidatos á alcaldía de Gondomar. Xosé Antón Araúxo (BNG), Natalia Salgueiro (CDL), Manuel Gómez (IPG) e Francisco Ferreira (PSOE), debaterán sobre urbanismo, economía, emprego e a xestión da administración local, nunha mesa que estará moderada pola xornalista Silvia Rueda. Dende o Val Miñor (Baiona, Nigrán e Gondomar) o programa pódese seguir a través de Internet xa que o TDT da comarca aínda non sintoniza a canle.

Podes ver tamén neste enlace. http://livestre.am/u4Dh

 

O Pleno da EML de Morgadáns aprobará 30.000€ para pagar obras "que non constan" segundo o BNG.

Correo-e Imprimir PDF
O Pleno de Morgadáns reunirase ás 17:30h do mércores 27 de abril.

O vogal nacionalista Xaime Luxilde, da parroquia de Morgadáns (Gondomar), denuncia ao presidente da Entidade Menor Local, Urbano Esmerode de querer pagar case 30.000 euros a unha empresa local por obras das que non se ten constancia da súa execución, nin existe un plan de obras que as contemple. Nun escrito feito público na tarde de onte, Luxilde afirma que a devandita empresa está "xerenciada por coñecidos militantes do Partido Popular locais, e vinculada a practicas viciosas no Concello de Gondomar". O vogal do BNG afirma que tratase dun "burdo intento de escamotear a vecindade" xa que o monto representa entre un 10% e un 13% do orzamento ordinario da entidade. Pola súa banda, Esmerode asegurou a Valminor.info que as obras están feitas e a documentación correspondente consta nas oficinas da entidade. O tema será debatido no pleno da xunta veciñal a celebrarse hoxe en Morgadáns.

Gondomar celebra a Semana do Libro e a Lectura

Correo-e Imprimir PDF

cartel_IV_dar_de_ler_senCon motivo da celebración do 23 de abril, Día do Libro, entre o luns 26 e o sábado 30 de abril de 2011, Espazo Lectura en colaboración co Concello de Gondomar, organiza a Semana do Libro e a Lectura cunha programación de actividades para todos os días. O acto central será o venres 29 de abril, cando terá lugar o IV Dar de ler coma quen dá de beber, unha sesión de lecturas compartidas en voz alta para celebrar o Día do Libro, na que unhas 30 persoas lerán fragmentos de obras que queren compartir cos demais e recomendar. Será na xamonería Catro Camiños de Gondomar entre as 19.30 e as 22.00h.

Os socialistas de Gondomar presentaron a súa candidatura no Lois Tobío cunha estrea audiovisual.

Correo-e Imprimir PDF
Ingeso dos candidatos socialistas ao Lois Tobío.

A presentación socialista do sábado pasado en Gondomar tivo unha nota diferente, ademais dos tradicionais discursos de inicio de campaña, fíxose a estrea oficial da curtametraxe “Demoslle xuntos a volta!!!”, na que o candidato a alcalde Francisco Ferreira participa como actor e guionista da mesma.

A Xunta cuestiona duramente a redacción do PXOM de Gondomar

Correo-e Imprimir PDF

urbanismo_gondomarA Xunta de Galicia remitiu ao Concello de Gondomar un informe previo á aprobación inicial do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), no que practicamente non deixa recuncho do proxecto sen orde de modificar. O escrito sinala erros de fondo como a ausencia de solucións ao problema viario do concello e a falla de previsión en materia de servizos urbanísticos que acompañe as estimacións de crecemento. Cuestiona ás estimacións xerais de crecemento de habitantes e vivendas, ás que entende están sobre valoradas por enriba do 45% dos datos do IGE. Entende que están mal delimitados unha importante cantidade de núcleos rurais tradicionais, así como a clasificación de solo urbano, urbano non consolidado, rústicos, urbanizable e as súas delimitacións. Tamén foi obxectada a documentación presentada, como a falla de claridade nos planos, erros na codificación e ata unha advertencia que di “Non deberá corrixirse o documento do PXOM con notas feitas á man”. A oposición nacionalista cualificou como moi graves as consecuencias do informe e manifestou a través do concelleiro Xosé Antón Araúxo que “Senón fose porque este goberno xa está amortizado e fóra de circulación, era para pedir a dimisión de todos eles, dende o Alcalde-ausente, ata o concelleiro de urbanismo .“

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL