Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar

Gondomar - Noticias de Gondomar e Val Miñor

A CIG esixe ás autoridades nacionais, autonómicas e xudiciais que actúen de oficio en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

concello_gondomarA Central Intersindical Galega (CIG) solicitou a intervención de oficio da Delegación do Goberno , da Xunta de Galicia e a Fiscalía para que actúen de oficio no caso do afastamento das técnicas municipais do Concello de Gondomar, por parte do alcalde Martín Urgal. A través do seu Secretario Comarcal Xosé Cabaleiro González, a CiG se solidarizou  coas funcionarias, " somos conscientes do acoso que dende hai meses está sendo sometido este por parte do Goberno municipal, co Sr. Alcalde ao seu fronte, como artífice, participe e encubridor".

O candidato do PP Fernando Guitián afirma que a xente demanda que Urbanismo funcione.

Correo-e Imprimir PDF
O candidato Fernado Guitián (PP) admitiu que Gondomar

Consultado pola situación que en materia de urbanismo vive o Concello de Gondomar,o candidato popular Fernando Guitián opinou que "os concellos ten que funcionar, porque se non o fan é malo, polo cal ten que buscar unha base legal que lles permita ir para adiante". Guitián afirmou non contar de momento cunha información detallada que lle permita opinar de xeito rotundo sobre a decisión do alcalde Martín Urgal de afastar das súas funcións en materia urbanística á Secretaria Municipal e mais á Técnica de Administración Xeral. Pero dixo que a súa filosofía é a de contar con equipos que involucren a todos: concelleiros de goberno, funcionarios e "si me apura" tamén a oposición. Mais o candidato popular admitiu que de ser certa a parálise provocada polos permanentes "informes negativos das funcionarias" en relación cos realizados polo Arquitecto Municipal "débense buscar as alternativas legais que permitan funcionar ao departamento urbanístico", porque segundo Gutián "Iso é o que demanda a xente".

A Mesa de Persoal de Gondomar denunciou novas amoestacións e inxurias ás Técnicas Municipais

Correo-e Imprimir PDF
A mesa de persoal do Concello de Gondomar denunciou acoso aos funcionarios.

Unha nova amoestación sufriu a Secretaria Municipal de Gondomar o pasado venres 25 de marzo. Esta vez le foi notificada a orden de suspensión “de toda apostila” nos documentos emitidos pola alcaldía, sobre todo en materia de urbanismo coa conseguinte imposibilidade de deixar calquera tipo de constancia. Afastada das súa responsabilidades en materia urbanística dende febreiro deste ano xunto coa Técnica de Administración a mesa sindical dos funcionarios afirmou que “Esta situación é semellante á que viviron as dúas funcionarias co goberno do Sr. Silva Mariño, cando foron requiridas para que informasen consonte a un Plan Xeral Nulo de pleno dereito “, e agregaron que “grazas a non facelo, hoxe seguen prestando servizos na Administración Pública e o Sr. Silva Mariño foi primeiro imputado e despois inhabilitado por ditos feitos.” A mesa sindical sinalou en rolda de prensa que “As actitudes do goberno e a forte presión política sobre as técnicas se volta a repetir”.

Gondomar: O Concello substituirá á labor das Técnicas Municipais de Urbanismo por unha consultoría privada

Correo-e Imprimir PDF
O urbanismo volve a ser un punto de conflicto en Gondomar

Nunha decisión que non reviste precedentes en Galicia, o Concello de Gondomar ordenou apartar das súas funcións en materia urbanística á Secretaria Xeral e á Técnica de Administración Xeral do municipio.

Logo prohibirlles "informar, requirir ou incidir na tramitación de todos os expediente de contido urbanístico", o alcalde Martín Urgal asinou un contrato por 6 meses e 2.916€ mensuais co avogado José Martínez Torea que pasará a cumprir a meirande das competencias que nesta materia tiñan as devanditas funcionarias. A medida foi cualificada como "unha prevaricación de libro" polo Bloque Nacionalista Galego, opositor ao goberno tripartito, que deu a coñecer esta información no mediodía deste venres 26 de marzo. Os nacionalistas alertaron que as resolucións e licenzas outorgadas a partir de agora "serán nulas de pleno dereito". Pola súa banda, tanto o alcalde Martín Urgal como o seu 1º tenente de alcalde e concelleiro de Urbanismo Alfonso de Lis non descartaron ir a máis e dar un segundo paso cun expediente contra as devanditas funcionarias acusadas por estes de "manter una actitude negativa" e responsabilizalas por "ineficacia administrativa" e "neglixencia", o que deixa ao seu entender nun " bloqueo administrativo" ao concello.

Preocupación en Morgadáns ante posible instalación dunha antena de telefonía cerca de vivendas.

Correo-e Imprimir PDF
Preocupación en Morgadáns ante a posible instalación dunha antena para telefonía móbil nun predio cercano a vivendas (foto arquivo)

Existe preocupación nun grupo de veciños e veciñas dos barios de San Roque e Filgueiras, na parroquia de Morgadáns, pola posible instalación dunha antena de telefonía móbil a escasos metros das vivendas. A antena sería instalada nunha propiedade particular en réxime de alugueiro e xa estaría delimitado o perímetro da mesma indicaron os veciños ao grupo municipal do BNG. Os nacionalistas afirman que “non lle consta a día de hoxe a existencia de ningún tipo de licenza municipal ao respecto nin sequera de tramitación ningunha” pero agregan que “iso non quer dicir nada pois todos sabemos como funcionan determinadas operadoras de telefonía móbil actuando coa política de feitos consumados e sempre baixo a protección encuberta do goberno municipal de quenda.”

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL