Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar

Gondomar - Noticias de Gondomar e Val Miñor

Esparexidos unha morea de panfletos con ataques a Fernando Guitián nas parroquias de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
Os panfletos esparexidos por Gondomar contiñan denuncias e insultos contra Fernando Guitián.

O clima político de Gondomar atópase aínda máis tenso dende a mañá do domingo cando unha morea de panfletos anónimos contendo denuncias  e insultos contra Fernando Guitián, candidato a alcalde do PP, atopáronse esparexidos polas parroquias do municipio.

O feito que non é un suceso novo neste municipio miñorano, espertou tanto o rexeitamento unánime das forzas políticas do concello, así como soterradas acusacións responsabilizando a sectores radicais de diversos grupos. Pola súa banda, Fernando Guitián afirmou que ante todo sente "tristeza por este tipo de cousas", e manifestou estar convencido que detrás de todo isto atópanse motivacións antidemocráticas. O candidato popular recibiu telefonicamente e por escrito a solidariedade dos seus pares do PSOE e o BNG.

Pepe Valverde (BNG): "sacar a Gondomar das páxinas de sucesos e de xulgados dos xornais."

Correo-e Imprimir PDF

Para Pepe Valverde, responsable local do BNG Gondomar un dos primeiros obxectivos do futuro equipo nacionalista de Xosé Antón Araúxo en caso de ser goberno será " a de sacar a Gondomar das páxinas de sucesos e de xulgados dos xornais." As declaracións, feitas nun escrito aos medios onde se anuncia o acto de presentación das candidaturas, agrega que o obxectivo da recuperación da alcaldía é para encamiñar "de novo a Gondomar na senda da normalidade democrática e do progreso, normalizando a vida municipal e institucional para poder avanzar en tempos de crise"

O PSOE Gondomar presenta o equipo de Francisco "Paco" Ferreira de cara ás municipais 2011.

Correo-e Imprimir PDF
Francisco Ferreira e o seu equipo de cara ás eleccións municipais 2011.

O PSOE Gondomar fixo pública a súa lista de candidatos ao Concello de Gondomar e máis a Entidade Local Menor de Morgadáns. Os socialistas preséntanse "cunha candidatura integramente renovada, composta por homes e mulleres de Gondomar e dispostos a afrontar o reto de gobernar o concello", afirma Francisco "Paco" Ferreira González, candidato a alcalde pola agrupación. Dende xullo de 2009 os socialistas quedaron sen representantes na corporación municipal logo da expulsión dos concelleiros Alfonso De Lis, Manuel Gómez Teresa Pereira Capel e mais José Carlos Cabaleiro, logo que estes apoiaran a moción de censura proposta polo PP coa conseguinte ruptura do bipartito (alianza PSOE-BNG), e a caída do rexedor nacionalista Xosé Antón Araúxo. “Nos cumprimos, limpamos e renovamos o proxecto e as ideas, agora tócalles ós demais facelo”, afirma Francisco Ferreira na presentación da lista.

De Chaín a Gondomar: unha viaxe moi perigosa.

Correo-e Imprimir PDF
EP-2302 os peóns non ten beirarrúas e os vehículos invaden o carril contrario para esquivarlos.

Son moitas as persoas que de forma cotiá deben desprazarse a pé dende a parroquia de Chaín ata a vila de Gondomar. Un desprazamento que día a día convértese nun grave desafío para os peóns que deben facelo nunha estrada estreita que carece de beirarrúas, de arcén, e de calquera espazo físico para o seu tránsito, e que xa acumula graves accidentes. Esta estrada a EP-2302 que vai de Gondomar a Morgadáns é de propiedade provincial e atravesa a parroquia de Chaín. Os veciños xuntaron mais de 800 sinaturas denunciando este feito e presentáronllas na Deputación de Pontevedra co fin de que as autoridades atendan un reclamo que xa leva tempo nesa administración.

O BNG de Gondomar presenta a súa lista de candidatos este venres no Auditorio Lois Tobío.

Correo-e Imprimir PDF
Coa intervención do portavoz nacional Guillerme Vázquez e mais o candidato a alcalde Xosé Antón Araúxo o Bloque Nacionalista Galego de Gondomar presentará a súa lista de candidatos de cara ás eleccións municipais 2011. Baixo o lema "Tempo de Compromiso con Galiza, con Gondomar" o acto público realizarase no Auditorio Municipal "Lois Tobío" o próximo venres 18 ás 20:30 horas.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL