Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar

Gondomar - Noticias de Gondomar e Val Miñor

O BNG Gondomar presentou a súa lista de cara ás eleccións de maio de 2011

Correo-e Imprimir PDF
Emilio García Crego, Xosé Antón Araúxo e mais Milagres Chapela.

Un equipo integrado por profesionais, amas de casa, estudantes, obreiros, autónomos e tamén parados, provenientes das dez parroquias de Gondomar acompañará ao candidato nacionalista Xosé Antón Araúxo na tarefa de recuperar o goberno do concello de Gondomar. O BNG reitera o equipo de concelleiros que administrou o municipio entre 2007 e o 8 de xullo de 2009, “que agora repiten pola súa valía e compromiso demostrados.”, informa Pepe Valverde, responsable local da agrupación. Este núcleo de goberno queda reforzado coa incorporación de Emilio García Crego ex director de Caixanova en Gondomar durante catorce anos e, Milagres Chapela, especialista no mundo da administración de empresas e fundadora do colectivo de mulleres Arealoura.

O BNG denuncia dilapidación dos cartos públicos nunha campaña de "Pan e Circo" do PP por Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
O BNG califica de campaña electoral de

O BNG acusa ao presidente da Deputación Rafael Louzán de utilizar os cartos públicos para satisfacer intereses partidarios. Esa é a única explicación que atopan os nacionalistas de Gondomar para explicar un investimento dun millón de euros na restauración dun campo de fútbol privado, en Chaín, unha parroquia de 800 habitantes. O Bloque de Gondomar informa que moitos deles carecen de servizos básicos como o saneamento e sofren o risco cotiá da inseguridade da súa principal estrada. A devandita obra foi asinada por convenio entre a administración provincial e o Concello de Gondomar o pasado mércores 9 de marzo. Segundo o acordado á administración local correspóndelle cubrir o 25% da inversión, polo que os nacionalistas preguntan " de onde vai sacar o Concello 250.000€, e a quen lle van deixar o pufo ou, a conta de que servizos, pago a provedores, etc, quedarán sen atender".

Melloras no Auditorio Lois Tobío de cara á Mostra de Teatro de Marzo a inaugurarse o Día do Pai.

Correo-e Imprimir PDF
O Auditorio Lois Tobío recibirá a Mostra de Teatro de Marzo do Concello de Gondomar.

A Concellería de Cultura do Concello de Gondomar acometeu diversas obras de mellora das instalacións do Auditorio Municipal. Así, instalouse un novo pano motorizado e arranxáronse as cortinas laterais das portas de acceso. Ao mesmo tempo, e xa pensando nas compañías teatrais, instaláronse barras electrificadas para colgar os focos, con dimer e unha mesa de iluminación propia. Ata o de agora o Auditorio carecía de calquera instalación técnica, informan dende a Concellería de Cultura dirixida por Ignacio Troncoso. O Concello de Gondomar conmemorará o Día Mundial do Teatro cunha programación especial o venres 25, sábado 26 e domingo 27 de marzo. Actuarán A Contrabutaca, Fulano, Menga e Citano e Talía Teatro.

Alfonso De Lis despexa dúbidas e preséntase como candidato a alcalde pola independente IPG.

Correo-e Imprimir PDF

delis_psoe_gondomar_edit674Alfonso De Lis, concelleiro non adscrito (ex PSOE Gondomar), confirma a súa vontade de presentarse como candidato a alcalde no concello de Gondomar. O actual 1º Tenente de alcalde e concelleiro de Urbanismo tiña rexistrado o partido Iniciativa por Gondomar pero mantivo en dúbida ata hoxe a súa decisión. O anuncio e presentación pública da candidatura terá lugar entre o próximo venres e o día martes da próxima semana.

Rafael Louzán pediu "tempo e calma" aos populares de Gondomar pero non resolveu o conflito interno.

Correo-e Imprimir PDF

sede-PP-GondomarFinalmente produciuse esta tarde a reunión do presidente provincial do PP Rafael Louzán con membros da Xestora local, presidida por Eladio Balgiela, en Gondomar. Segundo fontes populares, o presidente Louzán pediu "tempo e calma" para solucionar o actual enfrontamento entre o grupo municipal e o actual candidato a alcalde Fernando Guitián. A decisión de Guitián de deixar fóra da lista ás municipais aos actuais concelleiros do PP, non foi rexeitada nin confirmada por Louzán, afirmaron.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL