Domingo, 5 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Melloras no Auditorio Lois Tobío de cara á Mostra de Teatro de Marzo a inaugurarse o Día do Pai.

Melloras no Auditorio Lois Tobío de cara á Mostra de Teatro de Marzo a inaugurarse o Día do Pai.

Correo-e Imprimir PDF
O Auditorio Lois Tobío recibirá a Mostra de Teatro de Marzo do Concello de Gondomar.

A Concellería de Cultura do Concello de Gondomar acometeu diversas obras de mellora das instalacións do Auditorio Municipal. Así, instalouse un novo pano motorizado e arranxáronse as cortinas laterais das portas de acceso. Ao mesmo tempo, e xa pensando nas compañías teatrais, instaláronse barras electrificadas para colgar os focos, con dimer e unha mesa de iluminación propia. Ata o de agora o Auditorio carecía de calquera instalación técnica, informan dende a Concellería de Cultura dirixida por Ignacio Troncoso. O Concello de Gondomar conmemorará o Día Mundial do Teatro cunha programación especial o venres 25, sábado 26 e domingo 27 de marzo. Actuarán A Contrabutaca, Fulano, Menga e Citano e Talía Teatro.

Por outra banda, a Concellería de Cultura xestionou a adquisición de alzadores para os asentos, similares aos existentes nos cines, co obxectivo de que os máis pequenos gocen do espectáculo sen dificultades de visión.

Mostra de Teatro de Marzo no concello de Gondomar

O vindeiro sábado 19 de marzo dará comezo a nova programación de teatro da Concellería de Cultura do Concello de Gondomar. A Mostra de Marzo realízase en colaboración coa Agadic, a Axencia Galega das Industrias Culturais. As representacións terán lugar no Auditorio Municipal Lois Tobío e as entradas terán un prezo de 2,5 euros, no caso das obras infantís, e de 3.5 euros no caso das funcións para adultos. Os billetes venderanse en taquilla desde unha hora antes da función.

Carteleira

A obra que inaugurará o ciclo é “Trogloditas”, a última producción da compañía redondelán Tanxarina. É un orixinal espectáculo de monicreques de varas e acción real onde tres trogloditas contan, desde o seu punto de vista, a súas tradicións e costumes. “Trogloditas”, cunha impecable posta en escena e caracterización, está dirixida a nenos maiores de 5 anos de idade. Será ás 18.00 horas.

A Mostra de Outono continuará o venres 25 con “Frantasmas” da compañía Acontrabutaca. Con esta representación dará comezo a fin de semana de conmemoración do Día Mundial do Teatro. A comedia, codirixida por David Ottone de Yllana, é unha parodia das historias victorianas de asasinatos onde o espectadora terá un papel fundamental. Será ás 22.00 horas.

Fulano, Mengano e Citano regresarán a Gondomar o sábado 26 ás 22.00 horas coa súa sátira sobre a situación económica actual “Viva a Crise”. O grupo vigués foi un dos grandes triunfadores da Mostra de Outono. Xa o domingo 27, Día Mundial do Teatro, o grupo Talía representará en Gondomar a obra familiar “Valentín Rufini e Akíl Pillaban de viaxe en Milán”, será ás 18.00 horas.