Domingo, 5 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar O BNG denuncia dilapidación dos cartos públicos nunha campaña de "Pan e Circo" do PP por Gondomar.

O BNG denuncia dilapidación dos cartos públicos nunha campaña de "Pan e Circo" do PP por Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
O BNG califica de campaña electoral de

O BNG acusa ao presidente da Deputación Rafael Louzán de utilizar os cartos públicos para satisfacer intereses partidarios. Esa é a única explicación que atopan os nacionalistas de Gondomar para explicar un investimento dun millón de euros na restauración dun campo de fútbol privado, en Chaín, unha parroquia de 800 habitantes. O Bloque de Gondomar informa que moitos deles carecen de servizos básicos como o saneamento e sofren o risco cotiá da inseguridade da súa principal estrada. A devandita obra foi asinada por convenio entre a administración provincial e o Concello de Gondomar o pasado mércores 9 de marzo. Segundo o acordado á administración local correspóndelle cubrir o 25% da inversión, polo que os nacionalistas preguntan " de onde vai sacar o Concello 250.000€, e a quen lle van deixar o pufo ou, a conta de que servizos, pago a provedores, etc, quedarán sen atender".

Nun análise do marco socio - económico no que se realiza a inversión, o BNG informa que a parroquia de Chaín ten escasamente 800 habitantes. "O seu viario é moi deficiente e o saneamento cubre escasamente o 60% da mesma. A principal vía de comunicación que a atravesa é precisamente unha Estrada Provincial propiedade da Deputación, que pola súa perigosidade (ten habido varios mortos en accidentes) os veciños a día de hoxe están reclamando a construción de beirarrúas por medio da recollida de sinaturas".

Un campo de fútbol privado.

Noutro punto do seu informe, Araúxo afirma que "O campo de fútbol no que van investir un millón de euros ( cartos públicos), é propiedade da Comunidade de Montes da parroquia, é dicir, se mañá a comunidade de montes quixera, nese campo de fútbol só poderían xogar os comuneiros". O concelleiro nacionalista agrega que ademais non todos os comuneiros son veciños da parroquia.1

Sen embargo o edificio do Centro cultural da parroquia de Chaín leva anos sen rematar e a pesar de ser un dos máis activos de Gondomar " isto non lle interesa nin ao Sr. Louzán nin ao PP de Gondomar", afirma Araúxo.

Desemprego e fuga de empresas do polígono industrial de A Pasaxe.

Nunha bisbarra que con máis dun millar e medio de persoas en paro, os nacionalistas preguntan "porque o PP de Gondomar e o Sr. Lozán non se mostran tan activos e xenerosos á hora de facer investimentos dese calibre no Polígono Industrial da Pasaxe?, ou é que non lles importan que as empresas estean marchando para Portugal ou para outros lugares por non se poder ampliar por falla de seguridade xurídica ou pola falla de servizos?"

Araúxo afirma que cos cartos investidos na herba artificial do campo de fútbol de Chaín, "quedaría saneada ao 100% e o seu viario resolto, dándolle un acceso seguro e moderno a todos os veciños e veciñas da parroquia". O nacionalista conclúe o seu informe sinalando que "O BNG entende que nos tempos de crise que estamos padecendo, os cartos públicos deben ser investidos onde máis riqueza, benestar e traballo xeren, e non pensando na rendibilidade electoral dos políticos de quenda"

O BNG Gondomar entende que Rafael Louzán está nunha campaña de "Pan e Circo" por Gondomar. "Nos tempos de crise que estamos vivir, que o PP do Sr. Louzán use sen rubor a Deputación Provincial e os cartos públicos para os seus intereses partidarios, anunciando semellante investimento nun Concello coma o noso no que o número de parados pasa das 1600 persoas (1510 en febreiro), un investimento dun millón de euros, dos cales o Concello está obrigado a poñer 250.000€", non convence ao ex rexedor.

Fe de erro: non todos os veciños son comuneiros.