Domingo, 5 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Alfonso De Lis despexa dúbidas e preséntase como candidato a alcalde pola independente IPG.

Alfonso De Lis despexa dúbidas e preséntase como candidato a alcalde pola independente IPG.

Correo-e Imprimir PDF
delis_psoe_gondomar_edit674

Alfonso De Lis, concelleiro non adscrito (ex PSOE Gondomar), confirma a súa vontade de presentarse como candidato a alcalde no concello de Gondomar. O actual 1º Tenente de alcalde e concelleiro de Urbanismo tiña rexistrado o partido Iniciativa por Gondomar pero mantivo en dúbida ata hoxe a súa decisión. O anuncio e presentación pública da candidatura terá lugar entre o próximo venres e o día martes da próxima semana.

A situación dos outros tres concelleiros non adscritos non foi comunicada. O concelleiro de Vías e Obras Manuel Gómez, con quen De Lis mantén unha estreita relación política e de amizade foi tentado días atrás polo candidato popular Fernando Guitián a traballar pola súa causa. O ofrecemento ocorreu no marco das xuntanzas que o candidato do PP está a manter nas parroquias do concello coa intención de formar un equipo de cara á campaña electoral. Segundo puido saber esta Redacción, a invitación foi rexeitada polo concelleiro Gómez.

Coa candidatura de De Lis e a aparición de Iniciativa por Gondomar o número de candidaturas anunciadas de cara as eleccións de maio no concello estaría chegando á decena. As xa coñecidas do PP, PSOE e o BNG, sumaríanse os anuncios de UPyD, EU, a Falanxe e a devandita Iniciativa por Gondomar. A estas podería sumarse Move Gondomar, unha sigla promovida polo concelleiro Manuel Gómez (en caso de non acompañar ao PP nin a De Lis) e máis outra posible fórmula independente a xurdir dende filas do PP.