Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar

Gondomar - Noticias de Gondomar e Val Miñor

Os escindidos do PP Gondomar manteñen oficialmente unha dobre militancia. Bargiela baixa os seus blogs.

Correo-e Imprimir PDF

Gondomar sigue a vivir unha situación política paradoxal. A non oficialización do cisma no PP local fixo que durante este martes 12 e o mércores 13 de abril, a concelleira de goberno Natalia Salgueiro fora ao mesmo tempo a portavoz do PP no Concello á vez que  candidata a alcaldesa no mesmo municipio pero polo partido Centro Democrático Liberal (CDL). E se de paradoxos se trata, débese agregar que durante esas xornadas o presidente da Xestora do PP Gondomar, Eladio Bargiela traballou na confección dunha lista para CDL co obxectivo de gañarlle votos ao partido que oficialmente preside. Por si todo isto necesitaba un punto máis de confusión, para o candidato Fernando Guitián oficialmente e de momento para o PP non cambiou nada e polo tanto Salgueiro e Bargiela mantén os seus cargos .

Fernando Guitián non fala do cisma pero aparecen as primeiras reaccións públicas no PP Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
Fernando Guitián, candidato a alcalde polo PP Gondomar.

O candidato popular Fernando Guitián mantén a súa intensa axenda de traballo de cara ás eleccións municipais a pesar do cisma polo que atravesa o seu partido. Baixo a premisa de que no PP segue todo igual, xuntouse a tarde do mércores 13 de abril cunha ducia dos dirixentes e militantes que decidiron permanecer no partido e arroupar ao candidato a alcalde designado por Rafael Louzán. Segundo o manifestado polo candidato a Valminor.info, a reunión tiña por obxectivo continuar os traballos na confección da lista de candidatos, a que non estaría aínda pechada. A pesar da insistencia os populares non deron a coñecer nomes. Con respecto a situación da escisión do grupo municipal e boa parte da Xestora Local, Guitián mantivo un prudente silencio ante a falla dunha comunicación oficial tanto do partido como dos implicados. Pola súa banda, a aínda portavoz municipal do PP Natalia Salgueiro, traballaba noutro local da vila na preparación da súa candidatura polo partido Centro Democrático Liberal. E a vez que aseguraba que a Guitián non ten que comunicarlle nada, sinalaba que os dirixentes provincias do PP xa están informados da situación.

Confírmase: Natalia Salgueiro é a candidata a alcaldesa dos escindidos do PP Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
A política de candidaturas de Rafael Louzán en Gondomar rematou co cisma no partido. (foto arquivo)

A concelleira é ata de agora portavoz municipal do PP de Gondomar , Natalia Salgueiro admitiu a Valminor.info a súa determinación de participar nas próximas eleccións municipais como candidata a alcaldesa polo partido Centro Democrático Liberal (CDL). Aínda portavoz municipal do PP no goberno de Gondomar, Salgueiro compartirá lista con outros compañeiros de ruta como o concelleiro Ignacio Troncoso (Cultura) e Eladio Bargiela (presidente da Xestora Local do PP). Unha pescuda desta Redacción permitiu atopar un blog en formación da recentemente creada CDL Gondomar, rexistrada por Eladio Bargiela o pasado venres 8 de abril. O equipo de Valminor.info intentou en vano comunicarse có aínda presidente local dos populares durante a fin de semana. Ante o infrutuoso dos esforzos, presentouse o achado á portavoz do partido que finalmente, e a pesar de tódalas medidas de cautela e silencio mantidas nos últimos meses recoñeceu o estado de formación da lista por fora do PP e a súa candidatura.

Polémica pola demora do saneamento en dous barrios de Morgadáns prometida por tres administracións.

Correo-e Imprimir PDF

saneamento-morgadnsO casco vello de Morgadáns está sen saneamento. Os históricos barrios de O Lago e A Pedra seguen a mandar os seus vertidos ás augas do río a pesar de que a rede pasa a 700 metros. A todo isto un proxecto aprobado hai dous anos está a durmir nos arquivos municipais de Gondomar con tódolos permisos tramitados. Os veciños recibiron tamén en 2009 a visita de Rafael Louzán que lles prometeu que en poucos días comezaban os traballos. Hoxe unha pancarta colgada do aramado do recinto de festas da parroquia denuncia o incumprimento da promesa e esixe a chegada do saneamento.

O PP vota negativamente liberar de momento do Parque Eólico á Serra do Galiñeiro.

Correo-e Imprimir PDF
Paco Ferreira denuncia o voto negativo do PP para liberar a Serra do Galiñeiro do parque eólico.

O portavoz socialista Francisco "Paco" Ferreira acusa ao candidato popular Fernando Guitián por "no dar la cara por sus vecinos" e ao PP de ter "doble moral". As manifestacións do candidato socialista están baseadas na decisión tomada polos populares no parlamento galego de non acompañar unha proposición non de lei presentada polos socialistas para dar prioridade aos usos da Mancomunidade de Montes de Vincios por sobre a instalación dun parque eólico na Serra do Galiñeiro. Ferreira afirmou que "echa en falta que el que presume ser el líder de los populares de Gondomar Fernando Guitián no condene y reproche la decisión tomada por el gobierno de la Xunta", o que daría a entender segundo Ferreira, "que está de acuerdo con la instauración de un parque eólico en A Serra de Galiñeiro, cosa contraria a los socialistas de Gondomar que se oponen frontalmente al mismo".

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL