Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar

Gondomar - Noticias de Gondomar e Val Miñor

A Deputación de Pontevedra comprométese a actuar na estrada Gondomar - Morgadáns, EP 2302

Correo-e Imprimir PDF

estrada-chainO deputado provincial e concelleiro nacionalista de Gondomar, Pauliño del Río presentou no parlamento galego unha moción para solucionar a situación da estrada EP 2302 que unha as parroquias de Gondomar, Chaín e Morgadáns. Esta estrada carece dos niveis mínimos de seguridade para o tránsito peonil e tamén vehicular. De feito provocou hai dous meses a recollida de máis de mil sinaturas por parte dos veciños, as que foron entregadas ás administracións acompañando o reclamo de intervención. "Despois de pasados dous meses sen que o goberno municipal de Gondomar nin a Deputación tomaran ningunha medida ao respecto", del Río volveu a presentar o tema na comisión parlamentaria do pasados 29 de abril, obtendo a aprobación por unanimidade dos grupos presentes, para comezar a devandita intervención da Deputación.

Un triunfo de Natalia Salgueiro en Gondomar significará o mesmo que cando gañou Obama din no CDL.

Correo-e Imprimir PDF

Natalia-SalgueiroO auditorio Lois Tobío recibiu a presentación da candidatura da concelleira Natalia Salgueiro á alcaldía de Gondomar polo Centro Democrático Liberal (CDL). Segundo os organizadores o auditorio encheuse de público ficando de pé unhas 50 persoas. " El triunfo del esta mujer sería un hito tan importante para los gondomareños como lo ha sido para los estadounidenses la elección de Obama" afirmou José Manuel Palacín, presidente de CDL Galicia, polo seu caracter rupturista coa tradición. Lembrou que "en 35 años de democracia Natalia Salgueiro es la primera mujer que se presenta a la Alcaldía en Gondomar". Pola súa banda, o ex presidente local do PP, Eladio Bargiela cualificou a Salgueiro como unha "excelente gestora y persona". A candidata centrou o seu discurso na xestión municipal e a " conveniencia de las inversiones ya efectuadas en Deportes, Cultura, y Vías y Obras. "

Agrávase a crise entre funcionarios e autoridades do Concello de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
Funcionarios do Concello de Gondomar protestan no pleno (foto arquivo)

O Comité de Persoal do Concello de Gondomar decidiu emprender accións legais e administrativas tendentes á anulación da resolución do Alcalde Martín Urgal e o seu equipo de goberno, de afastar á Secretaria Municipal e a Técnica de Administración Xeral, da súa labor de “informar, requirir ou incidir” na tramitación de todos os expedientes de contido urbanístico”. Os funcionarios municipais entenden que as devanditas resolucións do Concello de Gondomar deben ser anuladas “por infrinxir o ordenamento xurídico e por vulneración de dereitos constitucionais”. Neste senso foron presentadas as solicitudes ante a Subdelegación do Goberno en Pontevedra, perante a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (Dirección Xeral de Administración Local) e ante o Valedor do Pobo. Os traballadores describiron a relación entre funcionarios e goberno como “tensa y grave”, logo dunha semana onde se reiteraron comunicados da alcaldía intimidando ás funcionarias a non exercer “obstrucións" a labor do asesor externo contratado Martínez Torea, que as suple nas súas competencias urbanísticas.

Foro sobre a muller e proxección do Filme Digna Rabia na Casa da Cultura de Gondomar, organizado por EU.

Correo-e Imprimir PDF

Esquerda Unida Gondomar organiza o “Foro participativo sobre Muller”, este sábado 30 de abril ás 20:30 horas na Casa da Cultura de Gondomar. Ao comezo proxectarase o documental "Digna Rabia", realizado pola Asociación Memoria Histórica do 36 de Ponteareas e a Universidade de Vigo, que ofrece unha visión da situación das mulleres dende o principio do franquismo ata a actualidade e o desenvolvemento dos movementos feministas. Rematada a proxección falará Tereixa Otero Dacosta do Comité Internacional da Marcha Mundial das Mulleres. O foro é aberto a todo público.

O BNG denuncia ao Cuatripartito de Gondomar de aprobar cun ano de retraso as contas de 2009.

Correo-e Imprimir PDF

concello_escudo_vidrioO goberno cuatripartito de Gondomar aprobou a Conta Xeral de 2009 durante o pleno ordinario celebrado na mañá deste xoves 28 de abril. A conta que debía estar aprobada nos primeiros meses de 2010, impediu dispor de 3 millóns de euros que tiña a súa disposición, segundo denunciou ao oposición do BNG. "Cun volume de débeda a provedores de máis de 2,5 millóns de euros e en pleno proceso de concertación dunha operación de creto por valor de 400.000€ que vai endebedar aínda máis ao Concello a longo prazo, deixar de utilizar 3 millóns de euros a custe cero por non presentar as contas a tempo é un insulto á cidadanía de Gondomar", opinou Pauliño del Río, portavoz dos nacionalistas na corporación.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL