Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar

Gondomar - Noticias de Gondomar e Val Miñor

Exposición do Censo Electoral no Concello de Gondomar ata o día 11 de abril.

Correo-e Imprimir PDF
concello_escudo_vidrioDespois das incertezas xeradas a principios de 2011 sobre o atraso no rexistro de empadroamento no Concello de Gondomar, atópase exposto ao público o Censo Electoral Ordinario que rexerá nas vindeiras eleccións municipais do día 22 de maio. A listaxe pode ser consultada na planta baixa do Concello ata o día 11 de abril inclusive. Os cidadáns poderán consultarlla e si é o caso presentar reclamacións de datos nas oficinas do Concello de 9 a 13:30 horas.

De gandeiros, feiras e candidaturas: Primeiras denuncias á Xunta Electoral en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

escola-guillufeO primeiro interdito de campaña en Gondomar chegou por mor das vacas e os cabalos do Val Miñor. O sábado pasado Urbano Esmerodes (PP) presidente da Entidade Local Menor de Morgadáns citou a un grupo de gandeiros e chamou á prensa para que recollese a xuntanza. O motivo da reunión foi presentar un anteproxecto dunha feira gandeira mensual e a construción dun conxunto de instalacións veterinarias no barrio de Prado no paraxe coñecido como As Moutas. O feito foi cualificado pola oposición como unha forma encuberta de facer campaña electoral polo cal O BNG e o PSOE deron conta a Xunta Electoral dos feitos. A nova lei que rexe os actos comiciais restrinxe a campaña a unhas dous semanas previas ao 22 de maio, cunha prohibición expresa aos candidatos que ocupan cargos de goberno a presentar obras ou proxectos das súas administracións con fines de publicidade.

O Barrio de A Fraga na parroquia de Vincios non dispón de suficiente tensión eléctrica.

Correo-e Imprimir PDF
A Fraga, ao fondo o polígono industrial de A Pasaxe, parroquia de Vincios.

O barrio Da Fraga na parroquia de Vincios "non dispón de suficiente tensión eléctrica cos conseguintes prexuízos para os veciños do barrio", denuncia o BNG de Gondomar. Sen embargo, Gas Natural Fenosa "cobra puntualmente por un servizo que non presta e non ten reparo en facelo sen corrixir esta situación" advirten. O Bloque fai un reclamo público para que a empresa interveña de forma urxente e resolva o problema. A formación nacionalista asegura que levará este tema ao Concello de Gondomar, á Consellería de Industria e ao propio Parlamento Galego, "pois non é de recibo que isto pase en pleno século XXI", afirman.

Gondomar aproba 1.3 millóns de euros para provedores mais a Intervención di que non hai cartos.

Correo-e Imprimir PDF
O alcalde Martín Urgal afirmara o venres pasado que

A dúbida sobre si os provedores do concello de Gondomar cobrarán os seus créditos quedou no aire ao rematar o pleno celebrado este xoves 31 de marzo. A pesar da resolución favorable que outorga un recoñecemento extraxudicial de crédito por 1.300.000€ a tal fin, o BNG (que votou negativamente) informou que existe un informe da Intervención que asegura que" non hai cartos para pagar estas facturas". Este informe contradí ao alcalde Martín Urgal, quen asegurou a Valminor.info o pasado venres que "hai diñeiro para pagar". Rematado o debate, Pauliño del Río (BNG) acusou "aos doce magníficos" de acumular unha débeda de 2.5 millóns de euros nas arcas da corporación.

Oposición e sindicato rexeitaron o afastamento das técnicas municipais durante o pleno de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
Os funcionarios do Concello de Gondomar recibiron aos concelleiros con carteis solidarizándose coas técnicas municipais.

De cotío os 12 concelleiros do goberno municipal  son recibidos a berros de ¡Ilegales! polos membros da Plataforma Moción=Corrupción. Unha teima que reitérase cada mañá as portas do Auditorio Lois Tobío os día do pleno da corporación. Mais este xoves 31 de marzo, os berros cederon ante a presenza silenciosa dos carteis sostidos ao pé do escenario polos funcionarios do Concello de Gondomar. Neles solidarizábanse coas técnicas municipais "castigadas" pola administración e reclamaban xustiza pra elas. O movemento comezou cedo, antes das 9 horas ás arredores do auditorio. A totalidade do Comité de Persoal achegouse á Nuria Lobato , Secretaria Municipal, co obxectivo de arrouparlla na primeira sesión plenaria logo da decisión municipal de afastarlla xunto á Técnica de Administración Xeral, Elena Ares Salgado, das súas funcións urbanísticas. Durante o desenvolvemento da sesión as permanentes alusións á devandita medida e o seu rexeitamento por parte dos concelleiros da oposición, recibiron os aplausos de aprobación por parte dos funcionarios presentes e tamén dos membros da Plataforma. Claro que estes logo de aplaudir os ditos do BNG,  dirixían o súa mensaxe de sempre ao goberno:  ¡ilegales!

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL