Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar

Gondomar - Noticias de Gondomar e Val Miñor

EU Gondomar comprometeuse a desenvolver as propostas culturais de Espazo Lectura.

Correo-e Imprimir PDF
A candidatura de EU Gondomar reunida coa directiva de Espazo Lectura.

Esquerda Unida de Gondomar comprometeuse a apoiar as seis propostas a prol do fomento da lectura, que a asociación Espazo Lectura dirixiu ás candidaturas que se presentan nas vindeiras municipais de Gondomar. A candidatura de Esquerda Unida reuniuse o martes pasado coa directiva da asociación de Espazo Lectura na Casa da Lectura de Donas. Esquerda Unida apoiou todas as propostas e expresou o seu desexo de que poidan saír adiante, "sexa cal sexa o resultado das eleccións". EU cualificou a actividade de Espazo Lectura como "un exemplo do que na nosa organización defendemos como modelo de cultura: a implicación directa da sociedade nas iniciativas mediante asociacións."

O BNG de Gondomar reclama incluír a Gasolineira de Vincios no Plan Sectorial de A Pasaxe.

Correo-e Imprimir PDF
Vista aérea do Polígono Industrial A Pasaxe en Vincios.

O BNG de Gondomar reclama que a gasolineira de Vincios con orde de derrubo o pasado mes de abril, sexa incluída No Plan Sectorial do Polígono Industrial da Pasaxe. “Hoxe por hoxe, derrubar a gasolineira de Vincios con levará indemnizacións multimillonarias”, alertou o candidato a alcalde Antón Araúxo. O nacionalista afirma que a devandita instalación “obtivo no seu día a Licenza Municipal con todos os informes favorables da propia Xunta”, proxecto que daquela “se opuxo con forza o BNG”, afirma. De non atopar solución, Araúxo sostivo que “será o primeiro marrón que atope o novo goberno municipal enriba da mesa despois do 22 de maio.”

O Concello de Gondomar anuncia que o PXOM ingresa na súa etapa final previa á aprobación inicial.

Correo-e Imprimir PDF

VISTA_AREA_DE_GONDOMARO Concello de Gondomar prepara as planimetrías de catro parcelas da parroquia de Borreiros que serán presentadas ante a comisión técnica do Plan de Ordenamento do Litoral (POL), co fin de salvar o derradeiro informe que necesita para pechar a etapa previa a aprobación inicial do Plan Xeral de Ordenamento Municipal (PXOM). A información foi brindada polo concelleiro de Urbanismo Alfonso De Lis, quen adiantou que o próximo martes se reunirá en Santiago cos técnicos do POL. De Lis asegurou que Gondomar xa ten todos os informes sectoriais favorables, e o equipo redactor do PXOM prepara as correccións sinaladas pola Xunta de Galicia co fin de entregarllas tamén susbsanadas no correr desta semana. O edil asegurou que o próximo goberno municipal podería ter o proxecto pronto para aprobación inicial no seu primeiro pleno.

Iniciativa por Gondomar presentou oficialmente a candidatura de Manuel Gómez á alcaldía de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

ixg_todosO sábado, día 7 de maio, tivo lugar no restaurante Monteferro, a cea – presentación da candidatura de INICIATIVA POR GONDOMAR (IXG). Diante de máis de 350 persoas, o equipo liderado polo alcaldable Manuel Gómez e o actual 1º Tenente de Alcalde de Gondomar Alfonso de Lis, fixo a súa presentación publica, compartindo mesa e mantel, onde cada persoa pagou o seu prato. No acto se deron a coñecer as liñas básicas do seu programa “que se enmarca dentro da cercania das persoas, o seu compromiso con Gondomar e defendo a súa xestión baseada no slogan A realidade dos feitos.”

Fernando Guitián comprometeuse a impulsar A Pasaxe e aprobar o PXOM para reactivar o emprego.

Correo-e Imprimir PDF

7-11-2010_007Apostar ao crecemento do polígono industrial de A Pasaxe e aprobar nun tempo razoable o Plan Xeral de Urbanismo, foron os compromisos asumidos por Fernando Guitián para xerar emprego, durante a presentación da súa candidatura. O candidato popular reivindicou a figura de Ramón “Moncho” Sestelo (ex alcalde de Gondomar 1987-1999), a quen cualificou como a persoa coa que “comparte dúbidas”, o seu “asesor”. Guitián sinalou como necesidades estratéxicas reimpulsar a figura dos Alcaldes de barrios, o impulso á creación da Área Metropolitana de Vigo, e a colaboración estreita entre o Concello e os outros municipios e asociacións do Val Miñor. O lanzamento da candidatura popular contou coa presenza de Alberto Núñez Feijoo e Rafael Louzán, os que asistiron á comida-mitin que congregou a máis de 1200 persoas no pavillón municipal, na tarde deste sábado 7 de maio.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL