Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar

Gondomar - Noticias de Gondomar e Val Miñor

EU Gondomar prepara un foro sobre Medio Ambiente e nomea a Delvino Domínguez coordinador.

Correo-e Imprimir PDF

esquerda-unida-gondomarEsquerda Unida de Gondomar prepara a súa primeira actividade pública logo das eleccións municipais. Aínda có sabor amargo de quedar fóra da corporación municipal por 9 votos, o grupo entende que debe seguir adiante, e realizará un foro sobre Medio Ambiente a mediados do próximos mes. Entre tanto, Delvino Domínguez, antigo secretario de EU ocupará o cargo de coordinador local ante a ausencia de Josúe Villar que viaxa a Cuba por mor dunha beca de estudos que o terá afastado do concello durante un ano. A secretaría da agrupación quedará a cargo de Borja Domínguez.

O ex concelleiro de Urbanismo de Gondomar, Alejandro Gómez pide ao TSXG a súa absolución.

Correo-e Imprimir PDF
O ex concelleiro de Urbanismo Alejandro Gómez

.O daquela concelleiro do PP Gondomar, Alejandro Gómez foi condenado en 2010 a un ano de inhabilitación e unha multa de 540.000 euros.

. Tanto Mosquera como o arquitecto Borja Ramilo, tamén involucrado na trama, recoñeceron os feitos desde o primeiro momento e implicaron nos mesmos ao ex edil de Urbanismo.

.A defensa de Gómez cualificou como de "un absurdo" e "un roubo" a condena ao seu cliente por tres delitos de suborno.

A investidura do alcalde de Gondomar Fernando Guitián en imaxes.

Correo-e Imprimir PDF

Achegamos o informe televisivo realizado pola nosa colega a xornalista Silvia Rueda para Via RTV da investidura do novo alcalde de Gondomar, o enxeñeiro Fernando Guitián Guitián.

Gondomar aínda non coñece o reparto de responsabilidades nas concellerías do goberno municipal.

Correo-e Imprimir PDF

concello_gondomarGondomar aínda non coñece a estrutura do seu futuro goberno municipal. Salvo o alcalde Fernendo Guitián xa investido o sábado pasado, a nova corporación non ten dado a coñecer públicamento os responsables e o número das futuras concellerías. Por outra banda, o rexedor Guitián mantivo hoxe a súa primeira xuntanza cos funcionarios do concello. A mesma desenvolveuse a primeiras horas da tarde na Casa da Cultura do municipio.

Fernando Guitián asumiu esta mañá o cargo como novo alcalde de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

Convivencia pacífica, traballo e progreso son as tres bases sobre as que o popular Fernando Guitián Guitián prometeu estruturar o seu mandato. Así o expresou esta mañá na súa investidura como novo alcalde de Gondomar, instancia que foi seguida por unha multitude que encheu as instalación do Auditorio Municipal Lois Tobío. Os dous votos acordado cos concelleiros do CDL Gondomar foron dabondo para que o novo rexedor acadase a maioría absoluta de 9 votos en 17 posibles, na súa elección. O discurso de Guitián aínda que breve foi insistente na necesidade de abrir unha nova etapa no municipio onde prevaleza o respecto e o diálogo entre as forzas políticas na pescuda de consensos que beneficien aos veciños de Gondomar.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL