Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar

Gondomar - Noticias de Gondomar e Val Miñor

O BNG Gondomar presentou o seu programa de goberno no acto central de campaña.

Correo-e Imprimir PDF

acto-central-bng-gondomarO BNG de Gondomar ordenará unha auditoría externa co obxectivo de aclarar a situación financeira do Concello. Así o anunciaron os nacionalistas que lembraron que cando tomaron o goberno en 2007 recibiron as arcas municipais cunha débeda de 1,5 millóns de euros aos provedores. En dous anos de xestión de Araúxo o concello paso a non deber anda, aseguraron. Sen embargo, o goberno de Martín Urgal deixará 2,5 millóns de débeda aos provedores, afirmou o concelleiro e deputado provincial Pauliño del Río. No marco do acto central de campaña no Auditorio Lois Tobío o pasado domingo, o BNG presentou o seu programa de goberno de cara ás eleccións municipais do vindeiro 22 de maio.

O IES Auga da Laxe invita ás candidaturas de Gondomar a un coloquio onde presentar as súas propostas.

Correo-e Imprimir PDF

candidatos_gondomarO concello de Gondomar podería ter por primeira vez na súa campaña electoral a tódalas candidaturas sentadas nunha mesma mesa para debater. Para iso deberá prosperar unha iniciativa do Departamento de Filosofía do I.E.S. Auga da Laxe que convocou aos partidos políticos a expoñer as súas propostas de campaña o vindeiro xoves 19 de maio. O obxectivo é que os alumnos deste centro de ensino poidan logo da exposición de cada grupo facer preguntas aos candidatos presentes. A acto terá carácter aberto e poderán asistir ademais dos profesores, os pais e nais dos alumnos e calquera persoa que se achegue . A invitación foi formulada na tarde de onte a tódalas agrupacións partidarias que deberán confirmar a súa asistencia antes da noite do próximo mércores 18.

En Gondomar a única persoa privada de liberdade polos casos de corrupción... foi por denuncialos.

Correo-e Imprimir PDF
Ningún dos políticos declarados culpables nos xuízos  por corrupción en Gondomar foron privados de liberdade.

Amalia Vicente está de arresto domiciliario. Por 72 horas non poderá saír da súa casa por mor dunha decisión xudicial baseada nunha declaración da Garda Civil, que afirmou atoparlla pintando nun edificio unha mensaxe de contido inxurioso contra un membro do actual goberno municipal de Gondomar. A testemuñas de outros veciños din que ela non fixo a devandita pintada, só estaba denunciando a corrupción en Gondomar que por aqueles días, ocupaba os titulares da prensa. Entre 2007 e 2011, despois dunha morea de denuncias, confesións de parte e sentenzas xudiciais por delitos de corrupción, prevaricación, suborno, que colocaron a este municipio miñorano ao borde do colapso, Amalia Vicente é a única persoa que foi privada da súa liberdade... e foi por denuncialo.

Veciños cansos dos casos de corrupción en Gondomar asinan manifesto polo voto responsable.

Correo-e Imprimir PDF
alt

Sesenta veciños sen afiliación partidaria asinaron un manifesto onde afirman estar "avergoñados dos políticos que gobernaron sen dignidade" o Concello de Gondomar. Manifestan estar cansos de que Gondomar "sexa coñecido polos seus escándalos de corrupción", e o "desfile dos seus gobernantes polos estrados xudiciais". Lamentaron que en pleno século XXI se sigan observando neste municipio as prácticas de caciquismo, prebendas, acomodos de familiares, altos soldos , contratación de amigos, casos que aseguran son "ben coñecidos" pola veciñanza. Por todo isto, fan un chamado á sensibilidade e á conciencia cívica dos cidadáns de Gondomar para realizar un "voto responsable" nas vindeiras eleccións municipais. "Votemos con responsabilidade por políticas honestas e persoas honradas que defendan os intereses comunitarios de todos", sinalan nun escrito que pretende distribuír polo municipio neste última semana de campaña.

Francisco Paco Ferreira invita aos seus opoñentes á alcaldía de Gondomar a debater publicamente.

Correo-e Imprimir PDF

pacoO candidato á alcaldía de Gondomar Juan Francisco "Paco" Ferreira, reclama un debate público onde poder contrapor programas electorais e proxectos políticos, así como analizar a problemática actual e futura "diante dos veciños de Gondomar".

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL