Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar

Gondomar - Noticias de Gondomar e Val Miñor

O goberno de Gondomar debe as facturas 2009 -2010 á empresa que da cobertura á saúde dos funcionarios.

Correo-e Imprimir PDF

EdificioConcelloA cobertura en saúde aos funcionarios municipais penden dun fío no Concello de Gondomar. Así o fixo saber o comité de persoal quen denuncia ao goberno cuatripartito de non pagar á Mutua FREMAP, encargada da mesma as facturas correspondentes aos anos 2009 e 2010. Debido a este retraso, os funcionarios recentemente puideron comezar os controis médicos anuais programados para febreiro, neste mes de maio. Pero as citas xinecolóxicas da funcionarias aínda seguen sen darse ata que segundo o denunciado pola mesa, o concello non pague á Mutua FREMAP o debido. Os funcionarios responsabilizan á concelleira Natalia Salgueiro, quen recibiu o informe da situación no mes de xaneiro. A pesar diso, e ás promesas de facer fronte aos compromisos, a mesa denuncia que no último recoñecemento extraxudicial de crédito non se incluíu máis que unha factura. O resto séguese a deber, e no correr desta semana a Intervención informoulles que non foron presentados a trámite de pago o resto das facturas.

Esquerda Unida de Gondomar pecha a campaña cun acto artístico, e debate sobre o seu programa.

Correo-e Imprimir PDF

esquerda-unida-gondomarEsquerda Unida de Gondomar pecha a súa campaña electoral este venres ás 20:30 horas na Casa da Cultura de Gondomar. No acto o monologuista Bentito Gerreiro desenvolverá o seu espectáculo “Que é a política?”. Posteriormente, a candidatura encabezada por Josué Villar explicará o seu programa para Gondomar para logo abrir debate entre os presentes.

 

 

A Falange retirouse do debate no IES Auga da Laxe de Gondomar cando Galiza Nova despregou unha pancarta.

Correo-e Imprimir PDF

debate-ies-auga-da-laxeA mesa redonda que ía celebrarse entre os candidatos ás eleccións municipais de Gondomar no IES Auga da Laxe rematou só nunha comparecencia de Esquerda Unida e o PSOE. Se ben tamén concorreron á cita do Departamento de Filosofía do IES o candidato do PP Fernando Guitián, o número 2 de IXG, Alfonso De Lis e máis José Francisco Castro da Falange Española de las JONS, a irrupción dun grupo de simpatizantes Galiza Nova (mocidade do BNG), cunha pancarta recriminando a presenza deste último na sala, provocou o retiro de Castro e os de Guitián e De Lis. O candidato Antón Araúxo xa tiña anunciado non concorrer por mor dunha decisión do Bloque de non participar en ningún acto onde estivera presente Falange. Feito que confirmou minutos antes do comezo do evento a Valminor.info. Pola súa banda De Lis afirmou a este medio que tanto el como Guitián decidiron abandonar a mesa por entender que os manifestantes xeraban un clima de "intolerancia" que non permitía o normal desenvolvemento da actividade.

Manuel Gómez e Alfonso De Lis presentan o programa de IXG este mércores no Auditorio Municipal.

Correo-e Imprimir PDF

ixg_todosEste mércores  18, ás 21 horas no Auditorio Municipal de Gondomar, Iniciativa por Gondomar (IXG) fará o seu acto central. Nel intervirán a candidata número 3 da parroquia de Vincios, Eva María Bargiela, o candidato número 2  e actual 1º Tenente de alcalde e delegado de Urbanismo de Gondomar, Alfonso De Lis e pechará o acto o concelleiro de Vías e Obras Manuel Gómez, candidato a alcalde por IXG.

O PXOM Gondomar está listo para a súa aprobación inicial e contaría coa vontade política dos partidos.

Correo-e Imprimir PDF

centrogondomarO 1º Tenente de Alcalde de Gondomar e concelleiro de urbanismo Alfonso De Lis, comunicou esta tarde  que o municipio xa conta cun Plan Xeral de Ordenación Urbanística con tódolos informes sectoriais favorables e "adaptado a las determinaciones establecidas y asumidas por la Secretaría General de Ordenación del Territorio y Urbanismo, el Ayuntamiento de Gondomar y el equipo redactor,". A nova foi ratificada polo alcalde Martín Urgal, quen asegurou que o vindeiro mércores a xunta de goberno decidirá se convocar un pleno neste mandato o deixará todo lista para a súa aprobación inicial no primeiro pleno de xuño. Segundo puido constatar Valminor.info, o resto das formacións políticas que non integran o actual goberno municipal, de non atopar elementos conflitivos o graves, intentarán rematar esta primeira etapa coa aprobación inicial do documento. Con isto, tanto De Lis como o alcalde Urgal afirmaron ter cumprida a súa promesa de deixar debidamente instrumentado o PXOM de Gondomar antes da finalización do seu mandato. De celebrarse no vindeiro mes de xuño a aprobación inicial, logo pasaría un período de exposicións ao público de 2 meses , o que de non xurdir inconvenientes, Gondomar remataría o 2011 co PXOM aprobado.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL