Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar

Gondomar - Noticias de Gondomar e Val Miñor

Gondomar: BNG+PSOE+CDL=9. Os nacionalistas chaman á asemblea e o CDL achega a súa cadeira.

Correo-e Imprimir PDF

{plusone}Araúxo (BNG), Ferreira (PSOE) e Salgueiro (CDL), as candidatura que poden deixar fora do goberno ao PP.

CDL + PSOE + BNG= 9 . En Gondomar analizan alternativas se o PP non acada a maioría absoluta.

O BNG de Gondomar referendou a Xosé Antón Araúxo nos seus cargos e citou aos seus militantes a unha asemblea para o vindeiro luns de cara a discutir unha posible alianza de goberno con CDL e o PSOE.

Xosé Antón Araúxo pon os seus cargos a disposición do BNG Gondomar por mor do resultado electoral.

Correo-e Imprimir PDF

xose-anton-arauxo48 horas despois das eleccións municipais, o candidato nacionalista Xosé Antón Araúxo puxo os seus cargos de concelleiro e no partido a disposición da dirección local do BNG Gondomar. Así o confirmou a Valminor.info o responsable da agrupación, Xosé "Pepe" Valverde, quen cualificou a medida como "de hixiene democrática" e parte "da cultura política do BNG". Valverde informou que "o obxetivo era gañar a alcaldía", e ao non acadalo, Araúxo tomou esa decisión política. O responsable local adiantou a súa posición persoal, contraria a que Araúxo abandone as súas responsabilidades como concelleiro e membro da mesa local, pero sinalou que a decisión será tomada pola totalidade da dirección do BNG Gondomar, integrada por 17 persoas.

O PP prepara unha rolda de conversacións con tódolos partidos de Gondomar na busca de gobernabilidade.

Correo-e Imprimir PDF
Fernando Guitián nunha xornada de traballo da candidatura do PP Gondomar.

Salvo o concelleiro Manolo Gómez, candidato de Iniciativa por Gondomar, ningún dos outros cabeza de lista chamaron ao enxeñeiro Fernando Guitián para saudalo por acadar a maioría simple nas municipais de Gondomar. Unha actitude que abre suspenso sobre a receptividade que terá un chamado ao diálogo que o Partido Popular fará a tódalas candidaturas do municipio. Acordar a "gobernabilidade" do concello é o primeiro obxectivo de quen seguramente sexa o alcalde de Gondomar, aínda que Guitián manteña que por agora non o é. A estratexia marcada polo populares de cara ao 11 de xuño, data da investidura da nova corporación, implicará unha rolda de conversacións onde se avaliará o "grado de implicación" que cada grupo terá no futuro goberno, indicou Guitián.

A candidatura do PP é a máis votada no Concello de Gondomar

Correo-e Imprimir PDF
A candidatura do PP foi a máis votada en Gondomar
A candidatura do PP encabezada polo enxeñeiro Fernando Guitián foi a máis votada no Concello de Gondomar.
A xornada  amosou unha participación de 8.823 electores, por riba do 74% do padrón electoral.
Ningún dos partidos recibiú a maioría absoluta.
Resultados oficias do Ministerio del Interior para o Concello de Gondomar:

De Lis da conta da súa xestión urbanística e espera que a futura administración "valore este traballo".

Correo-e Imprimir PDF

alfonso-de-lisA redacción do Plan de Urbanismo de Gondomar levou 408 días. Dende o 31 de marzo de 2010 ata a entrada ao rexistro do Concello do derradeiro informe sectorial favorable dos técnicos do POL. A xestión remata unha primeira etapa na que se levan invertidos 300 mil euros. O futuro goberno do municipio terá "un plan vivo e axustado aos criterios da Xunta", opinou o concelleiro de urbanismo Alfonso De Lis durante a rolda de prensa que ofreceu na Casa da Cultura de Gondomar, este venres 20 de maio.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL