Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar

Gondomar - Noticias de Gondomar e Val Miñor

Gondomar estará baixo vixilancia especial da Xunta en materia de abastecemento de auga.

Correo-e Imprimir PDF
O

O anuncio fíxoo o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, no marco do informe respecto da situación da seca "en Galicia e previsión cara o verán" da Consellaría de Medio Ambiente , Territorio e Infraestruturas na reunión mantida polo Consello da Xunta, este xoves 21 en San Caetano. O presidente do executivo galego comunicou tamén que será comunicado o "estado de seca oficial" a todos os concellos de Galicia - Costa. Alberto Núñez Feijóo, sinalou que o descenso no caudal dos encoros galegos a niveis máis baixos dos habituais para esta época non é "preocupante" desde o punto de vista do abastecemento, pero si desde o punto de vista "do campo e da recolección".

O TSXG ratifica a condena ao ex concelleiro de Urbanismo de Gondomar Alejandro Gómez Garrido.

Correo-e Imprimir PDF
O TSXG ratificou a condena ao ex concelleiro de urbanismo de Gondomar, Alejandro Gómez Garrido (PP)

A sala do Civil e o Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) desestimou o recurso de apelación interposto polo ex concelleiro de Urbanismo do PP en Gondomar, Alejandro Gómez Garrido, e ratificou a condena imposta no seu día pola Audiencia Provincial -tras a celebración dun xuízo con xurado-, que lle impuxo unha multa de 540.000 euros e tres anos de suspensión para exercer cargo municipal por tres delitos de suborno.

O Alcalde Fernando Guitián e a delegada da Xunta Lucía Molares visitaron o CEIP Chano Piñeiro.

Correo-e Imprimir PDF
Fernando Guitián, Lucía Molares e mais autoridades do CEIP Chano Piñeiro e do Concello de Gondomar

Posteriormente, a delegada territorial da Xunta trasladouse ata o Concello de Gondomar para manter un primeiro encontro institucional co rexedor, Fernando Guitián, tras a formalización da nova Corporación municipal.

Comprobaron as obras de reparación da cuberta do CEIP Chano Piñeiro, no que a Xunta de Galicia investiu en total máis de 1 millón de euros na reforma e ampliación do centro.

A delegada da Xunta Lucía Molares visitará as instalacións do colexio Chano Piñeiro en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
A delegada da Xunta Lucía Molares visitará Gondomar.

A delegada da Xunta de Galicia, Lucía Molares, visitará Gondomar o mércores 20 de xullo ás 10:30 horas en compañía do xefe territorial de educación, César Pérez Ares, para comprobar co alcalde, Fernando Guitián, e a concelleira de educación, Paula Bouzós, o estado de execución das obras de substitución da cuberta do colexio Chano Piñeiro.

O bipartito de Gondomar aproba a proposta de organización levada a pleno coa crítica da oposición.

Correo-e Imprimir PDF

concello_escudo_vidrioO alcalde Fernando Guitián apoiado pola alianza bipartita no goberno (PP-CDL) sacou adiante a súa proposta en materia organizativa de cara a seu mandato. Ademais do soldo do alcalde, o equipo de goberno contará cunha dedicación exclusiva, catro medias dedicacións e a contratación dunha secretaria persoal do alcalde o que requirirá duns 260.000€ ao ano ás arcas municipais en materia de retribucións de cargos políticos. Os tres grupos da oposición (BNG, PSOE e IXG), cuestionaron a proposta do bipartito por entenderlla "desmedida" para un municipio das características de Gondomar, "inapropiada" de cara a crise nacional e contraria ao principio de austeridade no gasto anunciado polo alcalde o día da súa investidura. Para Guitián, "as persoas que fan un traballo deben cobralo" e asegurou que as dedicacións permitirán practicar con "eficiencia" e "efectividade" a austeridade nas contas municipais.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL