Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar

Gondomar - Noticias de Gondomar e Val Miñor

IXG demanda a execución do proxecto de Augas de Galicia para solucionar as inundacións en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
A limpeza dos ríos de Gondomar desperta polémicas no concello.

O concelleiro Manuel Gómez rexeitou a utilización de funcionarios municipais para limpar as canles e marxes dos ríos Zamáns e Miñor, anunciada na pasada xornada polo Concello de Gondomar. O titular da independente Iniciativa por Gondomar (IXG), lamentou que "dende o goberno bipartito escóndanse as evidentes carencias de xestión" do actual equipo do alcalde Fernando Guitián, e que se dediquen "medios humanos e materiais a labores impropios do labor de funcionarios municipais", cando segundo IXG, no Concello existe un proxecto redactado por Augas de Galicia "por importe de máis de dous millóns de euros, pendente de adxudicación , que resolvería de forma definitiva o problema das inundacións no casco de Gondomar".

O Concello de Gondomar limpa os cauces dos ríos Zamáns e Miñor

Correo-e Imprimir PDF

Un grupo de operarios do Concello de Gondomar limpan a canle e as marxes dos ríos Zamáns e Miñor ao seu paso polas pontes situadas no centro urbano. As labores de limpeza son unha medida preventiva co fin de evitar inundacións de cara á tempada de choivas, anunciou o Concello. A administración informou que os traballos teñen os permisos preceptivos de Augas de Galicia e da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. Durante o desenvolvemento dos labores de limpeza, realizadas durante dous días, os operarios recolleron máis de 90 sacos de lixo e conseguiron un resultado satisfactorio, anuncia o comunicado emitido polo goberno municipal.

A Xunta de Galicia aprobou a instalación dunha nova liña de alta tensión Gondomar - O Rosal.

Correo-e Imprimir PDF

ALTA-TENSIONFoi aprobada pola Xunta de Galicia a instalación dunha liña de alta tensión entre os concellos de Gondomar e O Rosal. A mesma terá por obxectivo a mellora do subministro eléctrico nos concellos do Baixo Miño e o Val Miñor. Esta liña "supón superar unha situación deficitaria das sub estacións de Gondomar, Tui e O Rosal" afirmou ou presidente do goberno autonómico Alberto Núñez Feijoo. O mandatario sinalou que a prol da súa consecución a Xunta investirá 3 millóns de euros.

Gondomar contrata 5 auxiliares de policía por 4 meses e proponse contar con 11 fixos no 2012.

Correo-e Imprimir PDF

7637_policia-local.O Concello de Gondomar contrata 5 novos auxiliares da Policía Local por 4 meses.

.O concelleiro de Seguridade e Tráfico Eladio Costas anuncia que para 2012 Gondomar pasará de 8 a 11 policías locais fixos.

O BNG Gondomar presentará ao pleno as demandas veciñais sobre a inseguridade da PO 341.

Correo-e Imprimir PDF
Veciños das parroquias de Vincios, Chaín, Morgadáns, Pieitieieros e Gondomar na marcha pola PO 341

O BNG Gondomar presentou por rexistro municipal unha moción para que o Concello apoie as demandas de seguridade peonil e de circulación na carreteira PO 341, que une as parroquias de Vincios e Couso . A Xunta de Galicia dende hai varios meses está a traballar en distintos puntos desta. Nembargante, unha marcha de veciños das parroquias de Vincios, Chaín, Morgadáns, Peitieiros e Couso, convocou cerca de 300 persoas o pasado domingo, reclamando unha beirarrúa peonil, e melloras na seguridade xeral para os usuarios.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL