Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar A Xunta de Galicia aprobou a instalación dunha nova liña de alta tensión Gondomar - O Rosal.

A Xunta de Galicia aprobou a instalación dunha nova liña de alta tensión Gondomar - O Rosal.

Correo-e Imprimir PDF
ALTA-TENSION

Foi aprobada pola Xunta de Galicia a instalación dunha liña de alta tensión entre os concellos de Gondomar e O Rosal. A mesma terá por obxectivo a mellora do subministro eléctrico nos concellos do Baixo Miño e o Val Miñor. Esta liña "supón superar unha situación deficitaria das sub estacións de Gondomar, Tui e O Rosal" afirmou ou presidente do goberno autonómico Alberto Núñez Feijoo. O mandatario sinalou que a prol da súa consecución a Xunta investirá 3 millóns de euros.

A medida foi anunciada logo da xuntanza do Consello da Xunta deste xoves 4 de agosto. Núñez Feijoo salientou a necesidade deste proxecto que achegará alimentación alternativa da que carecía esta zona onde viven "47.000 galegos". A nova liña alimentará os concellos miñoranos de Baiona, Gondomar e Nigrán, e os do Baixo Miño no caso de A Guarda, Tui, O Rosal, Oia, e Tomiño, en caso de avaría da que xa está en funcionamento.