Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar

Gondomar - Noticias de Gondomar e Val Miñor

Confírmase: O popular Fernando Guitán será o novo alcalde de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
O enxeñeiro Fernando Guitán será o futuro alcalde de Gondomar.

.O enxeñeiro Fernando Guitián (PP) confirmou a Valminor.info ter asinado un acordo coa ex popular Natalia Salgueiro (CDL) na mañá de hoxe pola que será investido como alcalde de Gondomar este sábado ás 11 horas.

.O popular declinou entrar en detalles sobre os puntos conversados co CDL, e remitiuse aos fundamentos achegados polo Departamento de Comunicación do PP, no que se sinala que os dous concelleiros de CDL darán o seu apoio a Fernando Guitián convencidos de que “a mellor opción” para o concello é que goberne a lista máis votada.

.Con este acordo, Fernando Guitián será investido mañá alcalde co apoio dos concelleiros do PP, que suman un total de 7, e os dous de CDL, encabezados por Natalia Salgueiro.

Sofocado un encendio no monte das Escubichas en Borreiros

Correo-e Imprimir PDF

Sofocado incendio en BorreirosSofocado o incendio declarado esta tarde en Viso de Calvos, na parroquia de Borreiros. O incendio que se iniciou ás 16h quedou finalmente sofocado sen ter que lamentar danos, pese á proximidade coas vivendas. Todo apunta a un descuido nas tarefas de limpeza de matorral nunha finca de monte situada nas Escubichas, no linde coa urbanización A Romana.

A corporación municipal de Gondomar celebrou o seu derradeiro pleno da lexislatura 2007-2011.

Correo-e Imprimir PDF

pleno_gondomar_xuo_2011O derradeiro pleno municipal da lexislatura 2007-2011 de Gondomar pasou case inadvertido para a vila. Como desde xuño de 2009, os concelleiros xuntáronse ás 9 da mañá no Auditorio Municipal Loís Tobío, esta vez co único fin de dar cumprimento á votación da acta da sesión de maio, a que foi aprobada por unanimidade.  O alcalde Martín Urgal deixou sobre a mesa unha frase final de bos desexos á futura corporación que rematou de xeito case inaudible e que non mereceu, de parte dos seu colegas do goberno nin da oposición, comentario algún.  Na bancada do BNG, ausencia de Xosé Antón Araúxo. Segundo explicaron os concelleiros nacionalistas ao presidente da mesa, non podía chegar en hora , e dado o único punto da orde do día se podía comezar sen agardar a súa presenza.

O posible acordo público de goberno tripartito para Gondomar: BNG – PSOE – CDL queda desactivado.

Correo-e Imprimir PDF
A maioría simple chega para que Fernando Guitián (PP)  sexa o novo alcalde de Gondomar.

De non producirse sorpresas Fernando Guitián será o novo alcalde de Gondomar. Os 7 concelleiros que lle outorgaron as urnas o pasado 22-M deixan ao PP cunha maioría simple que en principio ningunha alianza pre investidura pon en perigo. A iniciativa de conformar un tripartito BNG-PSOE-CDL, naufragou nunha asemblea de militantes do BNG que o pasado luns decidiu non pactar cos partidos “responsables” da moción de censura de 2009. A decisión nacionalista impide o ingreso do CDL de Natalia Salgueiro a un goberno concertado con anterioridade á investidura do futuro alcalde de Gondomar.

O PP rexeita unha iniciativa socialista para incluír a Serra do Galiñeiro na Rede Natura 2000.

Correo-e Imprimir PDF

galieiro_ao_fondo- A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Parlamentario Socialista Carmen Gallego presentou unha iniciativa para incluír a Serra do Galiñeiro na actual ampliación da Red Natura 2000, a que foi rexeitada polos populares

-O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra asegura que unha vez rematado o proceso administrativo de adxudicación dos parque eólicos, "será escoitada a opinión dos veciños de Gondomar."

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL