Domingo, 5 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar MOCIÓN=CORRUPCIÓN celebra a penúltima "cacerolada de indignación" ás 20h en Gondomar.

MOCIÓN=CORRUPCIÓN celebra a penúltima "cacerolada de indignación" ás 20h en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
mocioncorrupcion5feb2011

Hoxe ás 8 da tarde, celebrarase a penúltima "cacerolada de indignación" coa que a Plataforma Veciñal MOCIÓN=CORRUPCIÓN se manifesta cada sábado primeiro de mes diante do Concello de Gondomar. A protesta "veciñal democrática contra a corrupción, a traición aos cidadáns, e as politicas que avergoñan a un pobo coa perversión que supón o transfuguismo" vai chegando ao seu fin, asegura a plataforma. Os convocantes informan que darán por cumprida a súa "actitude democrática e de loita a prol da hixiene e a rexeneración política".

Nesta penúltima cacerolada realizarán coa aportación de tódolos participantes unha celebración do Entroido con degustación de filloas, orellas e demais produtos que "a nosa cultura adoita elaborar nestas data", afirman. A oferta gastronómica con leva a colocación dun “Bote”para recadar cartos cos que costearán "a inxusta multa de catrocentos euros, cos que a xustiza penalizou a unha compañeira da Plataforma" informan.

A plataforma MOCIÓN=CORRUPCIÓN solicita que as persoas que se acheguen desta vez á cacerolada veñan dispostos a aportar algún donativo solidario. "Pois estamos convencidos que a xustiza se equivocou e a compañeira sancionada non é merecedora de tal castigo. En todo caso, co pago entre todos solidariamente da multa así o certificaremos"