Domingo, 5 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar A lista de altas e baixas do padrón de Gondomar foi entregado en tempo e forma no INE.

A lista de altas e baixas do padrón de Gondomar foi entregado en tempo e forma no INE.

Correo-e Imprimir PDF
concello_gondomar

Os máis de catrocentos expedientes con solicitudes de altas e baixas de empadroamento que estaban pendentes no Concello de Gondomar dende xuño de 2010, xa foron rexistradas e entregadas ao Instituto Nacional de Estadística (INE), informou a concelleira de Persoal de Gondomar, Natalia Salgueiro. O retraso foi denunciado na primeira quincena de xaneiro polo candidato a alcalde do PSOE - Gondomar, Francisco Ferreira. De feito cando o 31 de xaneiro pechaba o prazo para empadroarse nos concellos de cara ás eleccións de maio, Gondomar mantiña un importante atraso na actualización do seu padrón. Segundo a concelleira Salguerio, o devandito atraso foi subsanado e a lista completa do padrón municipal está nas oficinas do INE.

Por outra parte, Natalia Salgueiro informou que se ven desenvolvendo con éxito a entrega de certificados de empadroamento polo sistema volante. Estes comprobantes son gratuítos, se entregan no mesmo momento da solicitude, sendo válidos para a maioría dos trámites onde o certificado de empadroamento e solicitado, como no caso da tramitación do DNI.