Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar

Gondomar - Noticias de Gondomar e Val Miñor

O BNG denuncia desfeitas na limpeza dos ríos de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

LIMPEZA-RIO-2011-007O BNG acaba de denunciar publicamente unha serie de desfeitas nas terras lindantes cos ríos de Gondomar. Segundo o comunicado polo Bloque dende hai varias semanas unha empresa contratada pola Xunta "está procedendo á limpeza das beiras dos Ríos Miñor e Zamáns.  Se ben poderíase considerar que limpan demais, pois arrasan con toda a vexetación de ribeira ata a auga mesma sen respectar a vexetación autóctona". Os nacionalistas din que é entendible este tipo de traballos de limpeza que evitan as enchentes de inverno, pero afirman "Outra cousa é arrincar os cañotos das árbores previamente taladas co conseguinte movemento de terras e sobre todo a desprotección das terras fronte as fortes correntes de auga."

Un milleiro de persoas e un só berro: Defender a Serra do Galiñeiro.

Correo-e Imprimir PDF
A marcha pola defensa da Serra do Galiñeiro convocou unhas 1.400 persoas. (Imaxe, Xilberte Manso)

Unhas 1400 persoas nun día de chuvia e con néboa circundaron toda a Serra do Galiñeiro para mostrar o seu desexo de protexer este enclave único do sur da provincia de Pontevedra. Un grupo de ciclistas de todas as Rías Baixas abriron a marcha convocada pola Plataforma pola defensa da Serra do Galiñeiro, e destrás cidadáns de Vigo, O Morrazo, a Louriña, o Val Miñór e de outras bisbarras fixeron o camiño que se quere surcar de aeroxeradores. Grandes cartaces, que oportunamente colocaron os montañeiros, mostraron o impacto paisaxístico, acústico e ambiental da pistas e outras infraestruturas que este polígono requiriría.

A plataforma pola protección da Serra do Galiñeiro inicia as súas actividades reivindicativas

Correo-e Imprimir PDF

Plataforma pola defensa da Serra do GaliñeiroA asociación pola defensa da Serra do Galiñeiro organiza para este domingo día 20 unha camiñata pola Serra do Galiñeiro. A asociación agarda a chegada de numeros asistentes pese as inclemencias do tempo que ameazan con precipitación.

A recén constituída plataforma de defensa da Serra do Galiñeiro asegura que ante os grandes valores deste espazo e as ameazas de degradación que penden sobre el, unha gran marioría de veciños e veciñas dos cinco municipios que rodean á Serra do Galiñeiro apoian a solicitude de clasificalo como Espazo Natural Protexido e rexeitan a instalación do parque eólico previsto na citada serra debido ás consecuencias que terían sobre este espazo.

 

Cos 3 votos do PP foi aprobada a planta móbil de machaqueo de entullo para Prado - Morgadáns.

Correo-e Imprimir PDF
Cos 3 votos do PP contra 1 do BNG foi aprobada a planta móvil de machaqueo de entullo en Prado.

O pleno da Entidade Local Menor de Morgadáns aprobou a cesión inmediata de 9.450 m2 de monte comunal, extensivos a 21.422 m2, para a instalación dunha planta móbil de machaqueo e reciclaxe de entullos capaz de procesar 250m3 ao día. A mesma será situada na zona de Prado a carón dunha antiga canteira a 200 metros da ermida San Xosé de Prado. A concesión por catro anos renovables foi outorgada ao empresario Guisuppe Mecca Stolfi en representación de Construcciones y Excavaciones Mecca G.S.L., a cambio dun canon anual de 6.000 euros máis material para firmes e recheos de pistas e camiños da parroquia.

Morgadáns: Unha industria no monte, 3 anos sen aprobar contas e un orzamento dubidoso nun só pleno.

Correo-e Imprimir PDF
Unha planta de reciclaxe de entullo propiedade de Construcciones y Excavaciones Mecca sería instalada en Prado, Morgadáns.

Unha planta móbil de machaqueo e reciclaxe de entullo será proposta mañá no pleno da Entidade Local Menor de Morgadáns. A instalación está proxectada no "monte Penido" a uns 200 metros da capela do Barrio de Prado, na devandita parroquia, segundo a documentación presentada por Urbano Esmerode, presidente da Entidade, ao Concello de Gondomar para a súa inclusión na redacción do novo PXOM. A montaxe da planta require duns 9500 m₂, e unha área de ampliación dispoñible de ata 22.000 m₂. A empresa solicitante dos permisos é Construcciones y Excavaciones Mecca, de Sabarís, representada polo empresario Guisuppe Mecca Stolfi.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL