Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar

Gondomar - Noticias de Gondomar e Val Miñor

De Lis non adianta posición sobre o parque eólico ata a xuntanza dos portavoces de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

P7144202_CustomAlfonso De Lis informou a Valminor.info que non tomará posición pública sobre a solicitude dos comuñeiros de Vincios ata non falar con eles na Comisión Informativa do Pleno. O 1º Tenente de Alcalde e Concelleiro de Urbanismo de Gondomar asegurou que ningún membro do grupo dos non adscritos (ex PSOE) foi contactado pola Comunidade de Montes de Vincios na rolda de conversacións que a sociedade comunal mantivo cos partidos políticos durante o 2010.

O PP de Gondomar rexeita o parque eólico en Vincios e espera a decisión de Morgadáns.

Correo-e Imprimir PDF

montegalineiroO PP Gondomar acompañará aos comuñeiros de Vincios no intento de liberar as 420 hectáreas de monte que quedaron comprometidas ao proxecto eólico da Xunta de Galicia informou a Valminor.info Eladio Bargiela Durán, secretario persoal do Alcalde e presidente local dos populares. A tal fin o goberno convocou a comisión informativa do Pleno para este venres 7, na que estará presente unha representación da Comunidade de Montes de Vincios. A intención dos populares, sinalou Bargiela, é conseguir unha posición monolítica e unánime dos grupos de cara ao Pleno Extraordinario que definirá a posición da corporación gondomareña. No Pleno extraordinario que tería lugar a próxima semana os populares queren tratar por separado os casos de Vincios e Morgadáns por entender que son realidades diferentes.

Vincios lograría unha figura de protección para as súas 420 ha afectadas polo parque eólico.

Correo-e Imprimir PDF

Delimitacion XeralAlberto Covelo Casal, presidente da Comunidade de Montes de Vincios asegura ter o compromiso de tódolos partidos políticos con representación no concello de Gondomar e o Parlamento Galego para manter o Acto de Prevalencia que dende 2002 lle permite manter o monte a resgardo de iniciativas alleas aos intereses dos comuneiros. Grazas a esta figura a Comunidade impediu en 2002 a instalación dunha macro canteira nas súas parcelas e agora impediría a utilización de 420 hectáreas de monte para a colocación de muíños de vento.

O candidato socialista Juan Ferreira non puido inscribir a seu fillo polas débedas do Concello.

Correo-e Imprimir PDF

“O Xulgado de Gondomar non pode enviar nada por correo dende hai unha semana e seguirá así ata que o goberno municipal de Gondomar (responsable de correr cos devanditos gastos) aboe a CORREOS os 1.653,98 euros que se lle debe dende decembro de 2009 polo servizo”, afirmou Juan Francisco Ferreira, secretario xeral do PSOE Gondomar.

O BNG denuncia ao goberno de Gondomar por non pagar as axudas ao fogar.

Correo-e Imprimir PDF

Concello GondomarPauliño del Río Iglesias, portavoz do BNG de Gondomar acusa ao goberno tripartito de Gondomar dunha débeda de mais de 21.000 euros ás institucións que prestan os servizos de Axuda a Domicilio e Axuda no Fogar. O concelleiro agrega que a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta anticipou o ingresou do 100% da subvención na conta do goberno municipal ao momento do seu outorgamento.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL