Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar

Gondomar - Noticias de Gondomar e Val Miñor

O BNG levará a Fiscalía as contas da Entidade Local Menor de Morgadáns ante presunción de ilegalidad

Correo-e Imprimir PDF
Urbano Esmerode Domínguez, presidente da ELM de Morgadáns (foto de arquivo)

O BNG presentará as contas da Entidade Local Menor de Morgadáns (ELMM) á Fiscalía ante a presunción dun caso de ilegalidad. Nas mesmas "fai da ELMM beneficiaria duns fondos que pasan dos 400.000€, que nin dan contas, nin se ven por ningures investidos na parroquia, nin se sabe deles", asegura un escrito asinado polo vogal de Morgadáns Xaime Lugilde e adiantado onte por Valminor.info. Os nacionalistas denuncian a "última falcatruada" do presidente Urbano Esmerode (PP), que "botou mais de ano e medio en convocar un pleno" e agora aprobou "definitivamente o orzamentos do 2010, sen ter en conta as reclamacións presentadas, polos veciños e polo Vogal do BNG". Os nacionalistas acusan ao PP de non permitir "a máis mínima fiscalización democrática" o que redunda nun "caldo de cultivo ideal para que poidan aparecer casos de corrupción".

Morgadáns: O BNG acusa de ilegal o orzamento 2010 e Esmerode convoca á Xunta Veciñal.

Correo-e Imprimir PDF
Xunta Veciñal de Morgadáns (Arquivo)

Un xaneiro quente se aveciña en Morgadáns. A próxima semana se debaterá na Xunta Veciñal a presunta aprobación ilegal do orzamento 2010, unha morea de alegacións das contas xerais dos exercicios 2007 a 2009, a posición da Entidade sobre o parque eólico na Serra do Galiñeiro e por si fora pouco o informe do presidente Urbano Esmerode (PP) sobre a querela presentada contra o goberno municipal de Gondomar presidido por seus propios compañeiros de partido. A precisión da data da reunión será anunciada no correr desta semana, segundo dixo Esmerode a Valminor.info.

A fibra óptica de A Pasaxe non corre perigo asegurou Natalia Salgueiro ante as dúbidas do BNG.

Correo-e Imprimir PDF

apasaxe_vinciosOs nacionalistas manifestaron a súa preocupación pola sorte dunha subvención outorgada pola Xunta de Galicia ao Concello de Gondomar, có fin de executar un proxecto de tendido de fibra óptica no polígono industrial de A Pasaxe. O orzamento total concedido pola Consellaría de Economía e Industria foi de 875.630 euros dos que 250 mil se entregarían en 2010. A data límite sinalada para executar as actuacións que fosen obxecto da subvención e para xustificar o correspondente investimento rematou o pasado 30 de novembro. A falla de actuacións e resposta oficial nesa data provocou a alarma do grupo nacionalista que a comunicou nunha rolda de prensa na súa sede. Pola súa banda a concelleira Natalia Salgueiro (PP) asegurou que o goberno ten o compromiso da Xunta da ampliar dito prazo ata o fin do primeiro trimestre de 2011 e que as obras comezarán en febreiro próximo.

A ponte de Mañufe podería sufrir un colapso se non se restaura a súa estrutura.

Correo-e Imprimir PDF
A ponte de Mañufe durante as crecidas de xaneiro.

A ponte de Mañufe está en perigo. Na súa estrutura atópanse desprazamentos nos planos dos estribos e derribamentos de pezas nos tallamares que ameazan co colapso. A obra ten unha moi probable orixe romana e unha posterior reconstrución hai case un milenio. A vella construción sen embargo soporta a diario o pasaxe permanente de todo tipo de vehículos, incluídos os de gran tonelaxe. A ponte é un emblema da parroquia de Mañufe e un ben de interese cultural de tódolos galegos. O derradeiro mantemento foi hai case 40 anos e a prol de facilitar a circulación vehicular se modificou boa parte do seu porte.

24 horas despois os 400 expedientes seguen na mesma cadeira no Concello de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

paco-ferreiraAs carpetas coas máis de 400 solicitudes das altas de empadroamento seguen na mesma cadeira á espera de ser rexistradas no Concello de Gondomar. A imaxe fotográfica tomada onte polo candidato do PSOE Juan Francisco Ferreira puido ser contemplada “en vivo e directo” polas persoas que se achegaron esta mañá polo despacho de atención ao público da Casa Consistorial . De feito, a muller de Ferreira cuxa solicitude leva meses sen rexistrarse concorreu nesta xornada a solicitar o volante de empadroamento anunciado pola concelleira Natalia Salgueiro, o que non lle foi outorgado polo funcionario por non estar aínda dispoñible o servizo.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL