Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar

Gondomar - Noticias de Gondomar e Val Miñor

Comezou a conta atrás para que o Concello de Gondomar entregue a lista final de empadroados.

Correo-e Imprimir PDF
Imaxe da cadeira cos expedientes tomada polo candidato Francisco Ferreira na denuncia do 18 de xaneiro.

Hoxe pechou o prazo de inscricións nos padróns municipais para votar nas próximas eleccións de maio e un número aínda non determinado de cidadáns dados de alta ou baixa no Concello de Gondomar entre xuño de 2010 e xaneiro de 2011 non figuran nas listas do Instituto Nacional de Estadísticas (INE). Ante a posibilidade de que este atraso afecte o dereito que ten o cidadáns de votar no concello onde viven, hoxe o candidato socialista Francisco Ferreira solicitou a través do rexistro do Concello unha certificación “da Secretaria Municipal (responsable do departamento)coas tramitacións de altas e baixas do Padrón Municipal de Habitantes , correspondente ó ano 2010.” Pola súa banda, a concelleira de Persoal Natalia Salgueiro aclarou que se ben hoxe pecha a posibilidade de inscribirse no padrón municipal, o Concello conta cuns días máis (non puido especificar nese momento cantos) para presentar a lista ao INE. A concelleira agregou que o persoal encargado da tarefa está traballando para cumprir cos prazos.

Outra moción de urxencia revolucionou o pleno de Gondomar: Araúxo declarado prevaricador.

Correo-e Imprimir PDF

1plenoxan11O concelleiro do goberno tripartito de Gondomar, Manuel Núñez Sestelo presentou unha moción con carácter urxente no pleno municipal para dar cumprimento a unha sentencia xudicial que ordena catalogar como privada unha pista rural de Guillufe que consta como pública no Inventario de bens municipais .

A resolución plenaria denunciou como “prevaricador” ao ex rexedor nacionalista Xosé Antón Araúxo por soster o carácter público da mesma durante o seu goberno. A moción que foi aprobada pola totalidade dos 12 concelleiros oficialistas tamén pide o traslado dos informes á fiscalía para que determine se o líder nacionalista é responsable da comisión dun delito. Pola súa banda,a agrupación municipal do bloque catalogou á moción como un acto de “nocturnidade e alevosía”e manifestou que a mesma era un “último favor” que facía “un cadáver político” en alusión ao concelleiro Manuel Núñez .

O Concello de Gondomar normaliza a situación de máis de 400 altas de empadroamento atrasadas.

Correo-e Imprimir PDF
concello_gondomarA situación das máis de catrocentas altas de empadroamento que estaban sen rexistrar dende xuño do ano pasado están en vías de normalización, asegurou a concelleira de Persoal de Gondomar, Natalia Salgueiro. O funcionario que estaba en usufruto dunhas vacacións traballa dende onte na actualización dos padróns a través do novo softwer mercado pola administración . A concelleira Salguerio tamén informou que xa se pode solicitar no Concello os volantes de empadroamento. Estes comprobantes son gratuítos, se entregan no mesmo momento da solicitude, sendo válidos para a maioría dos trámites onde o certificado de empadroamento e solicitado.

O Tripartito dará aprobación definitiva á Relación de Postos de Traballo no pleno do venres 28.

Correo-e Imprimir PDF
O BNG presentará no pleno a moción SOS Ponte de Mañufe

O goberno tripartito de Gondomar desestimará as trinta alegacións presentadas ao proxecto da Relación de Postos de Traballo (RPT) para conseguir a súa aprobación definitiva no próximo pleno ordinario a celebrarse o venres 28 ás 9 horas no Auditorio Lois Tobío. Os gobernantes PP, Move Gondomar e os 4 concelleiros non adscritos tamén presentarán un novo proxecto de saneamento que afectará a parte da parroquia de Gondomar. Pola súa banda o BNG, que en principio se opoñería á fórmula da RPT, tamén presentará dúas mocións, unha contraria ao anteproxecto de lei da Área Metropolitana e outra referida a medidas para salvar a milenaria ponte de Mañufe dun posible colapso das súas estruturas, situación xa informada por Valminor.info (ver artigo).

Folga xeral: Servizos mínimos para o Concello de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

WebFolgaXeral.thumbnailA mesa sindical do Concello de Gondomar onde é maioría a Confederación Intersindical Galega (CIG) participará da folga xeral convocada para mañá 27 de xaneiro pola central nacionalista. Dende hai tempo o comité da CIG ven informando aos funcionarios da administración dos fundamentos da convocatoria, polo que se espera unha boa resposta. A mesa tamén dispuxo un conxunto de medidas para dotar de servizos mínimos ao concello.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL