Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar

Gondomar - Noticias de Gondomar e Val Miñor

De Lis, Núñez Sestelo e Araúxo analizan a situación política de Gondomar para a televisión.

Correo-e Imprimir PDF

centrogondomarConcelleiro de Turismo Manuel Núñez Sestelo: “El partido que tiene mayor conexión interna es el BNG.”

Tenente de Alcalde Alfonso De Lis: “Yo vivo muy bien sin ellos (o PSOE) y parece que ellos no son capaces de vivir sin mí.

Ex alcalde de Gondomar Xosé Antón Araúxo: “ O PP é un partido dividido”. “Move Gondomar foi flor dun día”. Os non adscritos “son auténticos corruptos”.

 

A Policía Local de Gondomar só conta cun vehículo para patrulla e auxilio.

Correo-e Imprimir PDF

policia-localA Policía Local de Gondomar conta cun só vehículo para patrullar o concello. O rodado é alugado dende hai catro anos a unha empresa privada que cobra un monto preto aos mil euros mensuais. O coche debe ingresar con frecuencia ao taller para servizos de reparación e mantemento o que obriga aos funcionarios policiais a solicitar ao Servizo de Obras do Concello un vehículo que non conta coa infraestrutura necesaria , ou o que es máis grave a policía suspende a patrulla. A información foi aportada polo propio Xefe da Policía Local da Alcaldía Juan Francisco Ferreira, que tamén é o candidato a alcalde polo PSOE.

Gondomar: O BNG provocou o Pleno extraordinario… sen sabelo.

Correo-e Imprimir PDF

EdificioConcelloO grupo municipal do BNG non sabía que ao solicitar o Pleno extraordinario para tratar o tema do parque eólico con seus cinco concelleiros obrigaba ao goberno municipal de Gondomar baixo imperativo legal a convocalo. De feito os nacionalistas presentaron no Rexistro Xeral do Concello a convocatoria o pasado 22 de decembro e enviaron aos medios de prensa un comunicado onde pedían a adhesión dos concelleiros Ignacio Troncoso (PP) e mais José Carlos Cabaleiro (Non adscrito) por ser o primeiro membro da Xunta Reitora da Comunidade de Vincios e o segundo veciño da parroquia. A “invitación” segundo os cálculos feitos polos nacionalistas era aos efectos de acadar o número necesario de membros para lograr a convocatoria por imperativo legal. O que non tiveron en conta é que os cinco concelleiros xa eran suficientes por mandato legal.

Membros do goberno municipal de Gondomar visitan as obras de saneamento en Vilaza.

Correo-e Imprimir PDF

vilazaA concelleira Natalia Salgueiro (PP) e mais o concelleiro José Antonio Rodríguez Gallego (PP) visitaron as obras de saneamento iniciadas na parroquia de Vilaza polo Concello de Gondomar. Os concelleiros informaron que "a obra da servizo a máis de 150 veciños que esperaban ansiosos poder realizar a conexión co servizo de saneamento."

Move Gondomar apoia aos comuneiros de Vincios e asegura 13 votos en 17 para o Pleno.

Correo-e Imprimir PDF

pleno-28-10-10O concelleiro Manuel Núñez Sestelo afirmou ante consulta de Valminor.info que Move Gondomar apoiará con seu voto o rexeitamento do parque eólico nos montes de Vincios no Pleno extraordinario. Sen embargo admitiu que o tema é complexo e que de momento non se dispón de tódala información necesaria. O Pleno vai reunirse o próximo mércores 12 de xaneiro ás 20 horas no Auditorio Luís Tobío a resultas do pedido formal feito polo grupo municipal do BNG o pasado 22 de decembro.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL