Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar

Gondomar - Noticias de Gondomar e Val Miñor

A Serra do Galiñeiro foi concedida a empresa eólica TERRA DO VENTO S.R.L.

Correo-e Imprimir PDF

parque_eolicoA Consellería de Industria, Enerxía e Minas concedeu a TERRA DO VENTO S.R.L. a explotación dun parque eólico na Serra do Galiñeiro. A empresa recibirá 39 MW de potencia máxima a desenvolver en el TV-20 Serra do Galiñeiro, o nome con que a Xunta designa ao parque natural emblemático do Val Miñor. A Comunidade de Montes de Vincios e a Entidade Local Menor de Morgadáns son as administracións con maior cantidade de terras dentro da zona afectada.

O PSOE Gondomar reuniuse coas comunidades de augas do concello.

Correo-e Imprimir PDF

psoeaugas2O PSOE de Gondomar manifestou o seu apoio a unha “verdadeira Lei de Augas de Galicia” e criticou ao PP por ter unicamente vontade recadatoria na lei impulsada no parlamento, nunha xuntanza cos membros das comunidades de augas do concello. A mesma foi convocada polo Secretario Xeral do PSOE de Gondomar e candidato á Alcaldía, Juan Francisco Ferreira, interviñeron Juan Manuel Fernández, Presidente da Comunidade de Augas do Galiñeiro, e Carmen Gallego Calvar, Deputada Autonómica e Secretaria de Medio e Desenvolvemento Sostible do PSdeG-PSOE.

Unha achega do BNG Gondomar informa dos prazos legais dun posible PXOM Express.

Correo-e Imprimir PDF

Antonio ArauxoO Bloque acaba de  emitir un comunicado de prensa onde acusa ao goberno de “mentirlle á cidadanía cando anuncia una aprobación inicial inminente”. O estudo dos prazos mínimos feitos pola organización nacionalista estiman en sete meses unha posible aprobación. Por outra banda, os concelleiros de BNG solicitaron una ao concello unha copia da redacción do PXOM para coñecer os contidos.

De Lis aposta a un PXOM Express entre os desaires do alcalde e as filtracións de FrikiLis.

Correo-e Imprimir PDF

Concello GondomarEn materia de apostas todo é subxectivo. E se o obxecto da quiniela son os prazos do PXOM de Gondomar, todos os prognósticos teñen cabida. Para Alfonso de Lis, concelleiro de Urbanismo e Tenente de Alcalde, a promesa que asumiu ao tomar o goberno está cada vez máis preto e ten plena certeza de que Gondomar terá o seu Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) nesta lexislatura. Así o manifestou onte pola noite, logo de entregar ao Arquitecto Municipal e á Secretaria Xeral a redacción urbanística que a empresa Eptisa ingresou o mércores pasado ao Concello.

O BNG denuncia ao goberno de Gondomar pola renuncia aos obradoiros de emprego.

Correo-e Imprimir PDF

paulinho-del-roO BNG denuncia ao goberno municipal de Gondomar de renunciar voluntariamente aos obradoiros de emprego que financia a Xunta de Galicia e que podería dar traballo por un ano a 45 gondomareños en situación de desocupados. A partida do orzamento 2009 que tiña que aportar o municipio a tal fin foi utilizada pola concelleira Natalia Salgueiro para outros gastos, quedando o concello imposibilitado de acceder a subvención, segundo os nacionalistas.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL