Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar

Gondomar - Noticias de Gondomar e Val Miñor

Juan Francisco “Paco” Ferreira elexido por aclamación candidato ao Concello de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

Candidatura_Paco_FerreiraJuan Francisco “Paco” Ferreira, xefe da Policia Local de Gondomar, será o candidato do PSOE para as próximas eleccións municipais 2011. Foi elexido por aclamación polos máis de cen militantes que participaron na asemblea de onte venres na Casa da Cultura do Concello. A lista completa de candidatos da agrupación se coñecerá a finais de xaneiro.

Cea de Nadal en Nigrán e candidatura de momento baleira no PP de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

sede-PP-GondomarEsta noite as 21:30 horas o PP de Gondomar fan a súa festa de Nadal no Hotel Miramar de Nigrán. Sen máis intencións que xuntar forzas e confraternizar, os populares gondomareños a diferenza de seus homónimos miñoráns de Baiona e Nigrán non terán durante o agasallo unha proclamación de candidatos.

O PSOE Gondomar apoia solicitude das ANPAs para que a Xunta se faga cargo dos comedores escolares

Correo-e Imprimir PDF

school-lunch-usdaA Consellería de Educación da Xunta de Galicia négase a asumir a xestión dos comedores escolares que ata o momento están a cargo das Asociacións de Nais e Pais (ANPAs) . O rexeitamento foi comunicado aos representantes da asociación nunha xuntanza mantida coa consellería segundo expresa un comunicado do PSOE de Gondomar.

Búscase xerente para Gondomar...

Correo-e Imprimir PDF

De prosperar a inciativa do concellerio Alfonso de Lis, Gondomar contará cun ente autónomo de xerencia en materia de urbanismo. Creado co dobre fin de axilizar e dar transparencia aos trámites urbanísticos, a entidade contaría cun xerente contratado a través dunha convocatoria aberta.

A Agencia Tributaria ordena embargo de créditos a Martínez & Torea no Concello de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

Concello de GondomarA Delegación de Vigo da Agencia Tributaria ordenou o 8 de outubro pasado, unha dilixencia de embargo de créditos por 324, 66 euros ao Concello de Gondomar por débedas mantidas coa entidade por parte de Martínez & Torea Asociados S.L. Este estudo mantén unha relación de asesoría xurídica co concello gondomareño dende a asunción do goberno tripartito en 2009. A devandita relación foi obxecto de reparos en máis dunha ocasión pola Interventora municipal ao consideralos duplicación de gastos, por entender que varios destes informes están reservados á Secretaría Xeral do municipio segundo ou Real Decreto 1174/87.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL