Xoves, 2 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar O PSOE Gondomar apoia solicitude das ANPAs para que a Xunta se faga cargo dos comedores escolares

O PSOE Gondomar apoia solicitude das ANPAs para que a Xunta se faga cargo dos comedores escolares

Correo-e Imprimir PDF
school-lunch-usda

A Consellería de Educación da Xunta de Galicia négase a asumir a xestión dos comedores escolares que ata o momento están a cargo das Asociacións de Nais e Pais (ANPAs) . O rexeitamento foi comunicado aos representantes da asociación nunha xuntanza mantida coa consellería segundo expresa un comunicado do PSOE de Gondomar.

Juan Francisco Ferreira, Secretario Xeral do PSOE Gondomar, explicou que "No ensino público funcionan actualmente dous tipos de comedores escolares, os que xestiona directamente a Administración, con persoal propio de cociña e atendido por profesorado, e outros nos que a ANPA do colexio contrata  unha empresa de catering que se encarga de poñer as coidadoras, pero no que é a propia asociación a que ten que encargarse de informar á empresa do número diario de comensais, de cobrarlle ó alumnado e de pagarlle mensualmente á dita empresa."

ANPA reivindica que a Consellería de Educación se faga cargo destes comedores que non son de xestión directa da administración. O PSOE de Gondomar apoia a solicitude entendendo que se trata dunha necesidade cada vez maior das familias. Por outra parte, denuncia que " A Consellería de Educación, en plena crise económica, cando as necesidades familiares son maiores, pretende aforrar diñeiro a custa de que as Asociacións de Nais e Pais realicen un traballo extra que non lles correspondería e que supón un sobreesforzo na súa colaboración co colexio."