Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar

Gondomar - Noticias de Gondomar e Val Miñor

A folga dos empregados de Geseco deixa sen recoller máis de 40 toneladas de lixo en Gondomar

Correo-e Imprimir PDF

Máis de corenta toneladas de lixo na rúa e ningún encontro programado aínda para solucionar o conflito.

Ése é, a día de hoxe, o balance da folga que, con carácter indefinido iniciaron onte os traballadores de Geseco en Gondomar. Os operarios, segundo explicou o seu delegado sindical, de CC.OO, reclaman un incremento salarial e a actualización do IPC do último ano

PP, PSOE e Move rexeitan a redacción dun novo Plan Xeral en Gondomar

Correo-e Imprimir PDF
O BNG de Gondomar quédase só na defensa dun novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) para Gondomar. De novo unha moción de urxencia presentada ao pleno polo Partido Popular centrou o debate da corporación en torno á recuperación do planeamiento de 2006, unha alternativa que o goberno rexeita por considerar que o documento está baixo sospeita, pero que para os grupos da oposición sería a "solución máis rápida" ao bloqueo urbanístico que sofren decenas de familias.

O goberno de Gondomar rexeita o Plan Vigo Íntegra

Correo-e Imprimir PDF
O goberno de Gondomar presentou unha alegación ao plan de infraestruturas da Xunta, Vigo Íntegra, para que elimine os proxectos que están contemplados neste Concello. O alcalde, Antonio Araúxo, cualificou onte como «un disparate» a intención de realizar unha vía de alta capacidade con características de autovía que enlace Tomiño co acceso da autoestrada en Areíña. O rexedor nacionalista afirmou onte que o trazado levaría por diante medio centenar de vivendas e desmembraría as parroquias de Vilaza, Chaín, Morgadáns, Peitieiros e Couso.

«Non podemos esperar seis anos á aprobación dun novo Plan»

Correo-e Imprimir PDF
«Non podemos esperar seis anos para pór en marcha en Gondomar uns plans de vida que tiñamos programados para fai tres». Así se manifestaba onte o secretario da plataforma de afectados, Ricardo Gondell, unhas declaracións coas que resumía o sentir xeral dos membros desta entidade e o obxectivo da manifestación de onte.

Só cen persoas concéntranse en Gondomar ao berro de «licenzas xa»

Correo-e Imprimir PDF

 Os asistentes portaron pancartas e corearon consignas onte ante a porta da Casa ConsistorialOs asistentes reclaman unha saída urxente á paralización urbanística que vive o municipio desde fai tres anos. Os veciños non secundaron a protesta e faltaron ata membros da plataforma de afectados testemuño. Este colectivo de afectados non se conforma co anuncio feito polo alcalde de Gondomar de contratar a redacción dun novo Plan Xeral, porque non poden seguir esperando máis tempo.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL