Sábado, 27 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar O goberno de Gondomar rexeita o Plan Vigo Íntegra

O goberno de Gondomar rexeita o Plan Vigo Íntegra

Correo-e Imprimir PDF
O goberno de Gondomar presentou unha alegación ao plan de infraestruturas da Xunta, Vigo Íntegra, para que elimine os proxectos que están contemplados neste Concello. O alcalde, Antonio Araúxo, cualificou onte como «un disparate» a intención de realizar unha vía de alta capacidade con características de autovía que enlace Tomiño co acceso da autoestrada en Areíña. O rexedor nacionalista afirmou onte que o trazado levaría por diante medio centenar de vivendas e desmembraría as parroquias de Vilaza, Chaín, Morgadáns, Peitieiros e Couso.

Dixo que a Xunta non tivo en conta as vivendas de recente construción porque empregou unha cartografía de fai máis de 15 anos para trazar este viario.

Continúa na Voz de Galicia