Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar

Gondomar - Noticias de Gondomar e Val Miñor

Entre berros, aplausos e a retirada dos concelleiros do BNG, saldouse o pleno de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
O BNG anbandonou o pleno extraoridinario ante as acusacións de De LisO grupo de concelleiros do BNG abandonou o pleno extraordinario de Gondomar, logo de que o 1º Tenente de Alcalde, Alfonso De Lis, efectuara graves acusacións a funcionarios e departamentos do Concello acusándoos de xerar un "clima de crispación" e facer perigar con as súas actuacións a xestión da Concellería de Urbanismo. Paulino del Río (BNG) replicou a De Lis que a súa política era "miserable" atacando nun pleno a persoas que non se poden defender. A executiva do PSOE de Gondomar que estaba no auditorio do pleno, tamén retirouse en actitude de solidariedade cos funcionarios e os representante nacionalistas .

Pleno extraordinario para emendar erros e saldar contas...

Correo-e Imprimir PDF

P1010153O goberno municipal de Gondomar tivo que convocar para hoxe un pleno extraordinario para emendar erros de forma cometidos na aprobación das mocións de carácter urxente que permitiron sacar adiante o orzamento muncipal 2010, a modificación das ordenanzas fiscais reguladoras de taxas pola prestación de servizo de distribución de augas, así como o recoñecemento extraxudicial de créditos.

O PSOE de Gondomar denuncia carencias no saneamento e alumado público na parroquia de Vilaza

Correo-e Imprimir PDF

paco-ferreiraO Secretario Xeral dos socialistas, Francisco Ferreira, solicitou logo dunha xuntanza cos veciños da parroquia de Vilaza, a reparación inmediata do alumado público, o saneamento dos barrios que carecen dese servizo, e medidas para a regulación do aparcadoiro fronte do xereátrico Vila do Conde.

A solicitude feita ante o goberno tripartito, partiu dunha reunión celebrada no Centro Cultural de Vilaza. Nesa ocasión, os veciños manifestaron que tódolos días saltan os limitadores dos cadros eléctricos por deficiencias na rede, "que non chegan funcionarios nin sequera se molestan en darlles aos machetes do cadro eléctrico cara a arriba".

Gondomar non ten praias ... e tampouco piscina.

Correo-e Imprimir PDF

aro-piscinawebAo igual que en Baiona e Nigrán, o Concello de Gondomar buscará xestionar a construción da piscina municipal a través dunha empresa que se encargue da construción e explotación da mesma, sen que teña a administración que financiar a obra. Esta é a saída que queda logo da rescisión obrigada que terá que asumir logo do ditame do Xulgado do Contencioso Administrativo que obriga a indemnizar con máis de 90 mil euros a empresa portuguesa Telhabel Construçoes que gañou a adxudicación do ano 2007 e non puido facer os traballos por falta das actualizacións ao novo código técnico de edificación nin a acta de reformulación requirida ao concello.

Muller atopada sen vida e con ferida de arma de fogo, na parroquia de Vincios, Gondomar

Correo-e Imprimir PDF

Unha muller foi atopada sen vida pola súa parella sentimenta lnunha vivenda en Brandufe, Parroquia de Vincios, Gondomar. Segundo fontes policiais a muller, duns 24 anos, tiña unha ferida mortal de arma de fogo. A morte tería acontecido onte, sobre as 18:30 horas.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL