Sábado, 20 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Muller atopada sen vida e con ferida de arma de fogo, na parroquia de Vincios, Gondomar

Muller atopada sen vida e con ferida de arma de fogo, na parroquia de Vincios, Gondomar

Correo-e Imprimir PDF

Unha muller foi atopada sen vida pola súa parella sentimenta lnunha vivenda en Brandufe, Parroquia de Vincios, Gondomar. Segundo fontes policiais a muller, duns 24 anos, tiña unha ferida mortal de arma de fogo. A morte tería acontecido onte, sobre as 18:30 horas.

O cadáver foi retirado para a autopsia e as investigacións están a cargo do xulgado de instrucións de quenda e mais a policía local de Gondomar. De momento, as fontes policiais non descartan o deceso por autoeliminación, aínda que as pescudas apenas comezaron.