Mércores, 4 Dec. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor Antidisturbios irrompen nunha marcha pacífica en Toralla

Antidisturbios irrompen nunha marcha pacífica en Toralla

Correo-e Imprimir PDF
A policía carga contra os participantes
Un acto pacífico e simbólico
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte

A policía cargou inxustificadamente contra varios participantes cando a marcha abandoaba tranquilamente a illa e na que participaban nenos e nenas de pouca idade.

Ver video

O pasado sábado 8 de setembro celebrouse, tal como estaba programado, un acto lúdico e pacífico en reivindicación do uso e disfrute público da illa de Toralla, organizado polo colectivo vigués Xogo Descuberto.

Neste acto solicitábanse os seis metros de linde ó redor da illa para uso común, que ven descrito na vixente lei de costas do ano 88. Os asistentes tamén pretendía ndenunciar o impacto ambiental e visual da torre de Toralla e outras construccions.

Participaron ó redor de 300 persoas, entre "piratas" músicos, bañistas, nenos e maiores que de xeito simbólico tomaron a illa. Lido o comunicado, os participante recolléron as faixas e rematou a concentración.

Acabado o acto, un bo número de participantes entraron na illa dando un paseo pola vía publica. Foi o momento no que tres furgóns antidisturbios irrumpiron entre os paseantes de xeito totalmente ixustificábel, con actitudes violentas, porras en man alzada, empurróns e outras agresións, ofrecendo unha pésima imaxe aos nenos e nenas asistentes.

Os colectivos participantes (Xogo Descuberto, A.C. A Revolta, A.C. Caleidoskopio, A.X. Luar, Bouzas-movete, G.A.S, Salvemos Monteferro e Verdegaia) resaltan que

 

 

 

o máis significativo é que a maioria das agresións se produciron no intre en que a xente abandoaba tranquilamente a illa, destacando a sufrida por un cámara e por outros transeúntes que recibiron máis dun porrazo.

 

Os colectivos denuncian unha actitude abusiva e provocadora das forzas de seguridade do Estado. 

A subdelegación do goberno, responsable das forzas de orde público, non se pronunciou ante os feitos.