Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar

Gondomar - Noticias de Gondomar e Val Miñor

«O parón urbanístico de Gondomar é unha ruína para moitas familias»

Correo-e Imprimir PDF
A paralización de licenzas impide facer as súas casas a decenas de parellas novo de Gondomar, que non teñen máis remedio que vivir de aluguer ou cos seus pais.

O PSOE de Gondomar solicita que se constiúa o consello escolar e a recuperación das fontes públicas

Correo-e Imprimir PDF

O PSOE de Gondomar solicitará no próximo pleno a constitución do Consello Escolar Municipal e o análise, catalogación e arranxo das fontese lavadeiros públicos no concello .
Os socialistas consideran que existe unha falta de interese por parte do goberno municipal na constitución do consello escolar municipal, un tema que segundo o PSOE cando o actual goberno era oposición, "esgrimía constantemente contra o goberno anterior". O PSOE afirma non entender o "desinterese que parece amosar o goberno que preside Antonio Arauxo nun órgano que consideran "debe servir de nexo de comunicación entre a comunidade e o goberno municipal."

 

Os peritos cualifican de «perigosa» a gabia onde morreu sepultado un aprendiz de 20 anos en Gondoma

Correo-e Imprimir PDF
Un inspector de Traballo e un técnico do Gabinete de Seguridade e Hixiene no Traballo criticaron onte o perigo da gabia de Gondomar onde morreu sepultado o aprendiz Manuel Vázquez, de 20 anos, o 23 de xuño do 2000. O operario buscaba nun foso unha guía de cableado que unía a un transformador coa liña de tensión que unha urbanización.

O Bloque denuncia atrasos deliberados na convocatoria dos plenos de Morgadáns

Correo-e Imprimir PDF
O BNG denuncia o incumprimento dos acordos plenarios do goberno da entidade local menor de Morgadanes. Os nacionalistas afirman que o seu presidente «pospón ao seu antollo os plenos que obrigatoriamente debe convocar e presidir bimensualmente».

O PP denuncia que non existe data para abrir a galescola de Gondomar

Correo-e Imprimir PDF
O portavoz do PP de Gondomar, Carlos Silva, facéndose eco do sentir dos veciños, traslada a súa preocupación ante a incerteza que reina sobre a apertura da galescola. Tras recordar que o grupo de goberno informou de que o centro non abriría no primeiro trimestre deste ano, agora non aclara cando será a data de apertura.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL