Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar

Gondomar - Noticias de Gondomar e Val Miñor

O centro de saúde de Gondomar ofrece terapias para deixar de fumar en grupo

Correo-e Imprimir PDF
Os fumadores téñeno máis fácil para deixar o tabaco no Val Miñor. O centro de saúde de Gondomar é o único de Galicia que ten unha consulta diferenciada para a loita contra o tabaquismo. O funcionamento deste servizo é unha das vantaxes da recente decisión do Sergas de manter abertas as instalacións deste Concello en horario de tarde. O responsable é Xulio Castañal, médico de familia e coordinador do Grupo Galego de Abordaxe ao Tabaquismo.

O PSOE acusa ao Bloque de non querer pactar en Gondomar

Correo-e Imprimir PDF
O edil socialista de Gondomar, José Carlos Cabaleiro, manifestou que as conversacións co BNG para formar un goberno estable fracasaron porque os nacionalistas «nunca tiveron intención de chegar a un acordo, simplemente usáronnos para acceder á alcaldía».

«O meu fillo di que un señor non nos deixa facer a casa en Gondomar»

Correo-e Imprimir PDF
Rosa Calvo levaba meses sen visitar a súa leira en Gondomar. Pousar a vista sobre a súa parcela é enfrontarse a un soño que non puido facer realidade e iso dóelle na alma. ela e o seu marido, José Sánchez Rúa, enxeñeiro de Citröen, comprárona en setembro do ano 2005. «Ya no vengo por aquí, me da bajón, me deprime, me da mucha rabia», recoñece.

Os imputados polo caso Gondomar piden a súa absolución por considerar nulas as probas

Correo-e Imprimir PDF
Alejandro Garrido e Jose Mosquera está imputados por un delito de subornoArgumentar a nulidade das probas solicitadas sobre o suposto suborno cometido en Gondomar en febreiro do pasado ano por facilitar a recualificación de tres leiras é a estratexia que os avogados dos catro imputados no delito de corrupción urbanística descuberto na localidade pontevedresa acaban de expor á xuíza do caso.

Inaugurado o Paseo Carlos Casares e a escultura A Galiña Azul en Gondomar

Correo-e Imprimir PDF

O pasado sábado, 17 de maio, Día das Letras Galegas quedou inaugurado o paseo Carlos Casares na vila de Gondomar. O acto contou coa presenza a viúva do escritor e presidenta da Fundación Carlos Casares, Cristina Berg, e do alcalde de Gondomar, Antonio Araúxo. Lembrar a Carlos Casares con este paseo que bordea o parque da Coelleira á beira do río Miñor fora acordado pola anterior corporación municipal ante unha iniciativa do Instituto de Estudos Miñoranos e a concellería de cultura.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL