Xoves, 2 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Pleno extraordinario para emendar erros e saldar contas...

Pleno extraordinario para emendar erros e saldar contas...

Correo-e Imprimir PDF
P1010153

O goberno municipal de Gondomar tivo que convocar para hoxe un pleno extraordinario para emendar erros de forma cometidos na aprobación das mocións de carácter urxente que permitiron sacar adiante o orzamento muncipal 2010, a modificación das ordenanzas fiscais reguladoras de taxas pola prestación de servizo de distribución de augas, así como o recoñecemento extraxudicial de créditos.

Tamén integran a orde do día, o pagamento a Telhabel Construçoes ordenada por sentenza xudicial, o acordo polo cal ingresa en réxime de dedicación exclusiva a concelleira Natalia Salgueiro (PP) e a adopción de compromisos para a adecuación da rede de saneamento do concello.

Segundo fontes do grupo municipal, durante o pleno deixarase claro "quenes foron os responsables políticos de que a obra da piscina non se levase adiante en tempo e forma", aludindo claramente ao equipo de ex alcalde nacionalista Antón Araúxo.

Pola súa banda, Araúxo manifestou que o BNG se encargará de recordarlle aos concelleiros do goberno que foron eles os que hai dous anos se opuxeron a indemnizar a Telhabel, provocando agora un gasto moito maior e innecesario ás arcas municipais. Para o ex alcalde nacionalista, este pleno de emendas é consecuencia da política do goberno do tripartito que segue a confundir "maioría absoluta con legalidade".