Xoves, 2 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Cea de Nadal en Nigrán e candidatura de momento baleira no PP de Gondomar.

Cea de Nadal en Nigrán e candidatura de momento baleira no PP de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
sede-PP-Gondomar

Esta noite as 21:30 horas o PP de Gondomar fan a súa festa de Nadal no Hotel Miramar de Nigrán. Sen máis intencións que xuntar forzas e confraternizar, os populares gondomareños a diferenza de seus homónimos miñoráns de Baiona e Nigrán non terán durante o agasallo unha proclamación de candidatos.

Eladio Bargiela, presidente eventual do PP Gondomar, sinalou que o tema das candidaturas está na órbita da directiva provincial como é normativo neste partido. Consultado sobre os posibles candidatos que se barallan preferiu non dar nomes, aínda que informou que están algúns que se mencionan publicamente (como é o caso da concelleira Natalia Salgueiro) pero que tamén se manexan outros. O presidente local agregou que o normal é que se estuden dous o tres nomes.

Coñecida a decisión do actual rexedor Martín Urgal de non presentarse, a inhabilitación que pesa sobre Carlos Silva e a decisión do propio Bargiela que entende "que non é seu momento", deducese que a lista de candidatos a alcalde polo PP estaría entre a actual portavoz Natalia Salgueiro e a posibilidade dunha persoa fóra do actual equipo de goberno. Outras fontes do partido informaron que neste proceso se manexaron nomes que foron rexeitados polos propios afectados.

"O PP non é asembleísta."

A figura das primarias non ten lugar no PP que é unha organización política presidencialista, afirmou Bargiela. Isto obriga aos afiliados a aceptar por disciplina partidaria o candidato elixido polo Comité Executivo da provincia presidido por Rafael Louzán, segundo o marcan os estatutos partidarios para as poboacións de menos de 20.000 habitantes. "O PP non é asembleísta", remarcou.

Onde si teñen espazo de participación os militantes é na confección da lista de concelleiros que acompañarán ao candidato a alcalde. Dende cada parroquia de Gondomar, os grupos de afiliados xunto co candidato elixido designan os dezanove postulantes a concelleiros do pleno da corporación municipal.

O nomeamento do candidato de momento no ten data establecida, informou Bargiela. Agregou que a diferenza con Baiona e Nigrán no se ten candidatos que repitan e polo tanto haberase de esperar a resolución provincial que pode chegar en calquera momento.

Outro intre de participación que espera aos populares de Gondomar será a elección da executiva local. A actual mesa que preside Eladio Bargiela ten carácter de eventual, "unha ponte entre a que presidiu Carlos Silva e a que deberá xurdir do próximo congreso, seguramente despois das eleccións municipais."

"Beneficiarios de transfuguismo que non é tránsfuga"

Consultado Bargiela sobre a situación dos actuais concelleiros do PP Gondomar e as súas posibilidades de participar na futura campaña electoral, respondeu que non teñen ningunha inhabilitación legal. "O que hai é un pacto de dubidosa vixencia tras os feitos da alcaldía de Benidorm . Pacto do que o PP foi impulsor a través de Mariano Rajoy no ano 2002." Tamén sinalou que é bo matizar que foron declarados"beneficiarios de transfuguismo que non é tránsfuga", cualificación que Barigiela recordou que só foi aplicada aos catro concelleiros expulsados do PSOE. "Igualmente a decisión final será da executiva provincial", rematou.