Xoves, 2 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Juan Francisco “Paco” Ferreira elexido por aclamación candidato ao Concello de Gondomar.

Juan Francisco “Paco” Ferreira elexido por aclamación candidato ao Concello de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
Candidatura_Paco_Ferreira

Juan Francisco “Paco” Ferreira, xefe da Policia Local de Gondomar, será o candidato do PSOE para as próximas eleccións municipais 2011. Foi elexido por aclamación polos máis de cen militantes que participaron na asemblea de onte venres na Casa da Cultura do Concello. A lista completa de candidatos da agrupación se coñecerá a finais de xaneiro.

 

“Onte os socialistas demostramos, unha vez máis, que somos unha gran familia e que a razón está por enriba de calquera cousa. Onte demos mostra do que somos e de que estamos dispostos a facer para dignificar a imaxe do noso magnífico pobo, o noso Gondomar.” Así expresou no seu blog o novo candidato a súa emoción polo nomeamento e apoio recibido.

 

Hoxe pola noite no restaurante Monteferro de Vincios os socialistas realizarán a cea de Nadal na que participarán militantes, achegados e autoridades privinciais da agrupación.